981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Programa Juventud en Acción

0


O prazo de inscrición aberto desde o 8 de marzo.

O concello de Santa Comba participará no Programa Juventud en Acción con outros 5 paises europeos
.

A inscrición desde o 8 ata o 15 de marzo.

rix@santacomba.es 981818710

A Oficina de Información Xuvenil de Santa Comba, en colaboración con técnicos da Dirección Xeral de Xuventude, informa a tódalas asociacións municipais que teñan entre os seus afiliados a un número importante de mozos e a poboación en xeral da participación do Concello de Santa Comba non programa europeo Juventud en Acción.
 
Durante este mes de marzo, a través da Oficina do Edificio Multiusos, o departamento que dirixe Raquel Grille dará a coñecer de primeira man e dunha forma o máis directa posible estes novos novos programas de actuación, pioneiros na zona, e nos que Santa Comba colaborará con diversas entidades e Concellos de Romanía, Eslovenia, Bulgaria e Italia.
Juventud en Acción é un programa creado para os mozos da Unión Europea, cuxo obxectivo é difundir o sentido de cidadanía europea activa, solidariedade e tolerancia entre a xuventude, así como implicalos para construír o futuro da Unión. Este programa está caracterizado por promover a mobilidade dentro e fóra dos límites da UE, a aprendizaxe non formal e o diálogo intercultural, así como fomentar o emprego e a inclusión de todos os mozos.

O programa subvenciona proxectos de voluntariado, intercambios, iniciativas, proxectos de democracia participativa e encontros, entre moitas outras accións. E vai dirixido a mozos de entre 13 e 30 anos, asociacións sen ánimo de lucro, entidades públicas e traballadores do ámbito da xuventude. Neste ano darase prioridade ás propostas que teñan en conta temas como o desemprego xuvenil con proxectos destinados a fomentar a mobilidade dos mozos desempregados, proxectos que aborden o tema da pobreza e a marxinación, proxectos que estimulen a iniciativa, a creatividade e o espírito empresarial e traballos que promovan a práctica de actividades ao aire libre e o deporte de base para promover estilos de vida saudables e fomentar a inclusión social e a participación activa dos mozos na sociedade.

O plan de traballo do Concello de Santa Comba nesta participación en Juventud en Acción comeza coa difusión de información nos medios municipais, para que a iniciativa poida contar co maior número de participantes posibles.

A idea é que un máximo de 10 mozos e mozas xalleiros se poidan inscribir entre o 8 e o 15 de marzo para colaborar nun proxecto de traballo destinado fusionar ás inquietudes de diversas xeracións. Dende os 5 paises participantes desenvolveranse temas como a solidariedade entre xeracións, ou voluntariado e a inclusión social, as novas tecnoloxías, o emprego e o envellecemento activo.

A finais de marzo e a mediados de Abril realizaranse unhas Xornadas Interxeracionacis das que se enviarán ás conclusións á localidade italiana de Catania, unha das impulsoras deste proxecto de colaboración internacional.

Para finais de Maio está previsto que os xóvenes xalleiros que queiran participar, se despracen ata Catania para reunirse cos representantes dous outros 4 paises.

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR