981880075
Seleccionar página


O domingo 2 de setembro celébrase o Día do Sendeirista.

 

O vindeiro domingo celébrase a primeira Andaina popular- Día do sendeirista en Santa Comba. A organización corresponde a asociación Camiño Vello- Ruteiros da Saúde e a concellaría de Deportes xalleira.
 

 

Haberá dous roteiros. O primeiro será para nenos e contará cun percorrido de tres quilómetros pola zona de Mourelle (Camiño Vello, A Bouza, etc…). O segundo comprende unha distancia de doce quilómetros. O traxecto atravesará os lugares de As Caselas, O Cubelo, Santa Catalina, Guisande, As Cerdeiras, Albarín, y Ventosa.
 

No punto de partida, diante do centro municipal de Cultura, desenvolveránse obradoiros de pintura, e reciclaxe de prantas e follas para nenos e nenas.Os interesados poden obter máis información na Oficina municipal de Deportes(981880275).

ESTAMOS EN TWITTER @SantaCombaPress