981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Premios do concurso de escaparates

0


Premios para Fotos Teca, Pisotones e Citania.

O centro municipal de cultura de Santa Comba acolleu un acto no que se deron a coñecer os ganadores do sétimo concurso de escaparates do nadal organizado pola concellería de Comercio, Turismo e Promoción do Emprego, e que conta coa colaboración da asociación de empresarios local.

O primeiro premio, dotado con 500 euros e trofeo, foi para Fotos Teca. O segundo, dotado con 300 euros e trofeo, correspondeulle a firma Pisotones, e o terceiro, de 100 euros máis trofeo, foi a para Citania.

O acto contou coa asistencia do alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira, do concelleiro do departamento organizador, Jacobo Amarelle, do presidente da federación de empresarios da Costa da Morte, José Gabín e do presidente da patronal xalleira, Óliver Silvariño.

Todos coincidiron en apoiar este tipo de iniciativas e animar aos comerciantes a traballar unidos e con ilusión, así como en felicitar a Fotos Teca, Pisotones, Citania e a tódolos participantes neste concurso.


Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR