981880075
Seleccionar página

Fotos: Fotos Teca (1º premio), cerimonia de entrega, Zapatería Pisotones (2º), Noivas Sole Mouro (3º).

FOTO TECAPISOTONESSOLE MOUROPREMIADOS

Na noite do luns 04 de xaneiro do presente ano, tivo lugar na Casa da Cultura do Concello de Santa Comba o acto de entrega de premios do IX Concurso de Escaparates no Nadal 2015.

O encargado de abrir o acto foi o alcalde presidente do concello de Santa Comba, seguido polo presidente da Asociación de Empresarios de Santa Comba, Oliver Silvariño, así como pola concelleira de Formación, Deportes, Xuventude, Promoción Económica, Comercio e Turismo, María Isabel Gesto Gesto.

Os gañadores, que se repartiron preto de 1000 euros netos en premios máis trofeo, foron:

 

  • Primeiro: Fotos Teca, cun premio de cinco centos euros líquidos máis trofeo.
  • Segundo: Zapatería Pisotones, cun premio de trescentos euros líquidos máis trofeo.
  • Terceiro: Novias Sole Mouro, cun premio de 150 euros líquidos máis trofeo.

 

Ao acto asistiron representantes de practicamente tódolos establecementos inscritos, cuxo número total de asistentes foi arredor de 30 persoas.

O concurso, que xa vai pola súa novena edición, é organizado polo Concello de Santa Comba, a través da oficina de emprego e desenvolvemento local, en colaboración coa Asociación de Empresarios de Santa Comba.

O alcalde, ao igual que o presidente da Asociación de Empresarios de Santa Comba e a concelleira de Promoción económica, comercio e turismo, mostraron o seu agrado pola alta participación dos comerciantes nesta edición do concurso, e animou ao sector a seguir participando neste tipo de iniciativas encamiñadas á promoción do comercio local.