981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Pleno ordinario de xullo

0


A corporación local xalleira celebrou un pleno ordinario.

O concello de Santa Comba celebrou o pleno ordinario do mes de xullo, e no cal se elixiron os Festivos locais e se dou luz verde a unha moción do grupo socialista.As actas anteriores foron aprobadas por PP e IXSC, coa oposición de PSOE e Terra Galega. Decidiu o voto de calidade do alcalde, Antonio Landeira, pola ausencia por motivos laborais dun concelleiro do PP.

O goberno local propuxo como festivos locais para o ano 2012 o 19 de marzo, día de San Xosé e o 29 de xuño, día de San Pedro, patrón local. O alcalde, Antonio Landeira explicou que se cambiaba o 30 de xuño coma festivo porque coincidía en sábado e en día de feira, polo que moita xente traballaba nesa xornada. A proposta da alcaldía foi aprobada por unanimidade.

O PSOE presentou dúas mocións. A proposta de nomear como representantes municipais no I.E.S. Terra de Xallas a Patricia Val e no Agader, a José Antonio Ucha, contou co apoio de Tega, pero foi rexeitada polo PP e IXSC. Polo que continuarán os representantes elixidos con anterioridade Raquel Grille e Jacobo Amarelle, do PP.

A segunda moción dos socialistas saiu adiante por unanimidade. Propoñíase a realización dunha ordenanza sobre radioelectricidade. Desde goberno explicouse que "xa se está traballando sobre este tema", pero apoiouse a proposta exposta por José Antonio Ucha.

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR