981880075
Seleccionar página


Escola de música moderna de Santa Comba


A Escola de música moderna de Santa Comba xa está en marcha. A iniciativa posta en marcha desde o departamento de Cultura xalleiro, xa está operativa no centro municipal de Cultura baixo a dirección dos profesores Xoán e Ramón Leis. A praza de matrícula segue aberta.

Case 90 persoas xa están inscritas nas diferentes ensinanzas. Os instrumentos preferidos polo momento son a guitarra, piano e batería aínda que a oferta formativa é máis ampla e inclúe instrumentos de metal, de Madeira así como baixo eléctrico ou clases de canto.

Hai ensinanzas orientadas a formación de Conservatorio, pero tamén hai alumnos que participan coa idea de profundizar na súa inquedanza musical. A Escola de musica moderna de Santa Comba ten previsto ofrecer o seu primeiro concerto no vindeiro nadal.