981880075
Seleccionar página


Unha excursión turística moi participativa.

O departamento de Cultura de Santa Comba coordinou unha excursión a Fisterra, promovida pola Consellería do Mar dentro do programa “Mar Achega”, e na cal participaron uns cincuenta veciños deste concello, acompañados pola dinamizadora Cultural, Maribel Barreiro.

Os xalleiros visitaron, en primeiro lugar, o Museo da Pesca ubicado no Castelo de San Carlos. Alí os encargados do centro explicaron a historia da pesca artesanal, dos naufraxios e doutros temas relacionados co mar.

Despois realizaron un paseo pola zona do Corbeiro e polas instalacións portuarias, asistiendo en vivo as tarefas de reparación de redes. Posteriormente, a cociñeira fisterrán Sefa Insua e os seus colaboradores ofreceron unha degustación gastronómica cunha sesión informativa. Poidose degustar Pan de Cea, Queixos de San Simón, Cebreiro, pementos de Herbón, paté de longueirón, abadexo con longueirón en caldeirada mariñeira, queixo de Ulloa-Arzúa con noces e mel, e auga, destilados de Orujo e viño de Monterrei.

A xornada completouse asistindo a unha poxa en vivo na lonxa e a visita o Cabo Fisterra, para ver o faro e todo o entorno costeiro.