981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Os mellores tenistas galegos participan no Masters de Santa Comba

0


Dezaseis deportistas competirán durante toda a fin de semana.

Esta próxima fin de semana Santa Comba acolle o seu primeiro másters de tenis, que contará coa participación de dezaseis deportistas, nun evento organizado polo concello xalleiro en colaboración co clube de tenis Punta Salera de Pobra do Caramiñal.
Entre os participantes destaca o vigués Miguel Casal, campión galego en trece ocasións, actual número 1 de Galicia e 32 do ránking estatal. Tamén estarán Roberto Rodríguez (Nº 2 de Galicia de 42 de España), así como outros tenistas galegos como Rafa Mota, Fernando de Pablos, ou o porriñés David Vidal(na foto), que a semana pasada se proclamou vencedor do Torneo dos Milagros de Santa Comba.
O Másters comenzará o sábado, coa disputa de 12 partidos, correspondentes os oitavos e os cuartos de final, a maioría deles no pavillón de Fontenla aínda que haberá algún encontro no pavillón de Traba-Castriz. En Fontenla a xornada prolongaráse ao longo de todo o día.
Xa o domingo, terán lugar as semifinais pola mañá (10,30h 3 12,00h). Xa desde as 16:00H haberá actividades para os máis pequenos e unha hora máis tarde celebraráse a final.

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR