981880075
Seleccionar página


Pepe Carreiro e os “O Bolechas” presentan un libro sobre este concello.

Os protagonistas da popular serie infantil “Os Bolechas” visitan este xoves o concello de Santa Comba, con motivo da presentación do libro titulado “Os Bolechas van a Santa Comba”.

“Os Bolechas” iniciarán a súa andaina cunha visita ao CEIP “Barrié de la Maza”, desde onde sairán desfilando sobre as 11,00h. Farán unha parada na gardería municipal e logo camiñarán ata a Casa da Cultura, onde serán recibidos polo alcalde, Antonio Landeira, a concelleira de cultura, María Pose e polo autor da serie, Pepe Carreiro.
Sobre as 11,30h, no campo da feira, farán a presentación dunha publicación na que contan unha viaxe a capital do Xallas. Alí “Os Bolechas” xogarán cos nen@s dos colexios Pepe de Xan Baña, Nosa Señora da Inmaculada, CRA de Santa Comba e Barrié de la Maza.“Os Bolechas” desprazaránse no seu espectacular bus clásico de dúas plantas, de estilo londinense e no seu Renault 4 tradicional.

O autor Pepe Carreiro asinará exemplares dun libro, que será distribuido gratuitamente polo concello de Santa Comba, que editou uns mil exemplares para repartir entre os nen@s xalleir@s.