981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

O concello abriu o prazo de inscrición para as actividades culturais

0


Aberto o prazo de inscricións

A concellaría de cultura de Santa Comba abriu o prazo para inscribirse nas distintas actividades municipais que se ofertan desde o concello.

As persoas interesadas poden obter máis información neste departamento, no centro municipal de cultura, chamando ao 981880275 ou por correo electrónico cultura@santacomba.es.

Un ano máis o concello mantén as escolas de música de baile tradicional, música moderna, teatro e expresión corporal ou educación de adultos.

Tamén se impulsan cursos e obradoiros de debuxo e pintura, clases de inglés en distintas modalidades, matemáticas, expresión escrita, animación a lectura, mecanografía e informática.

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR