981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Novo concerto da primavera musical

0


O domingo as 20,00 na capela de Santa Catalina.

A Primavera musical de Xallas chega a súa segunda xornada. Despois da exitosa estrea que se desenvolveu coa actuación da soprano Miki Mori e da pianista Haruna Takebe, e coa participación do catedrático e académico Xesús Alonso Montero, o vindeiro domingo 14 de abril terá lugar un novo concerto.
Nesta ocasión, o ciclo organizado pola concellaría de cultura xalleira e que coordina o músico xalleiro David Durán Arufe, conmemorará o primeiro centenario da construcción da capela de Santa Catalina. E precisamente será neste templo onde soe a música a partires das oito do serán.

O concerto contará coa actuación de catro prestigiosos artistas: David Durán Arufe(piano), Saúl Canosa(clarinete), Kiyoko Ohashi(violín) e Thomas Phiel(violoncello).

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR