981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Na memoria das vítimas

0


Este venres, as 12,00h minuto de silencio.

O concello de Santa Comba quere solidarizarse coas vítimas da traxedia acontecida este mércores 24 de xullo en Santiago de Compostela, e trasladar o seu máis sinceiro pésame as familias que están a vivir uns momentos extraordinariamente difíciles.
Como xesto simbólico de homenaxe a memoria das vítimas, o concello de Santa Comba gardará este venres 26 de xullo un minuto de silencio.A concentración terá lugar diante da casa consistorial as 12,00h.

Convidamos a tódolos veciños e veciñas a que se sumen a este acto.

Seguindo cos días de loito oficial decretados pola Xunta de Galicia, en Santa Comba as bandeiras xa ondean a media hasta.

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR