981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Melloras en camiños rurais

0


Investimento de mais de 80.000 euros.

O concello de Santa Comba encontráse nestas datas executando actuacións orientadas a mellorar a rede municipal de camiños rurais.Este proxecto conta cun marco orzamentario de 81.348 euros, dos cales 65.645 euros proceden de fondos europeos Feader canalizados desde a Xunta de Galicia, e a cantidade restante é achegada polo propio concello.

Os traballos estanse levando a cabo en zonas como As Abeleiras(Freixeiro), Esmorode(Alón), ou na parroquia de Ser.

A mellora das vías de comunicación interparroquiais está sendo unha das principais preocupacións do actual equipo de goberno, xa que tal e como destaca o alcalde Antonio Landeira “Santa Comba ten moitos camiños e vías rurais que hai que conservar e para nós, é prioritario que os nosos lugares estean ben comunicados”.
Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR