981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

FESTIVAL DO NADAL

0


O vindeiro sábado 22 de decembro no Multiusos

O multiusos xalleiro acollerá o vindeiro sábado 22 de decembro o Festival de Nadal, que organiza a concellaría de Cultura que dirixe María José Pose Rodríguez. Será a primeira actuación dos alumnos da Escola de Música Moderna que iniciou a súa andaina recentemente en Santa Comba, baixo a coordinación de Xoán e Ramón Leis. Os alumnos desta escola compartirán escenario cos seus compañeiros que participan na Escola de música tradicional, baixo a dirección de Pablo Seoane.

Ademáis dos músicos das escolas auspicidas polo concello de Santa Comba a gala contará coa actuación estelar do artista Fran Allo que está presentando o seu disco “El sueño que persigo”.

No Festival de Nadal, que comenzará as seis da tarde, tamén se fará entrega dos premios do XIV Concurso de Debuxo e Pintura municipal.

O concello de Santa Comba na rede:

www.santacomba.es

Twitter @SantaCombaPress

Facebook: Concello de Santa Comba

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR