981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Exposición sobre o cambio climático

0


No Museo “Terra do Xallas” ata o 16 de abril

A problemática sobre o cambio climático abórdase na exposición que estará aberta ata o vindeiro 16 de abril no museo “Terra do Xallas”(Casa do Pozo) e que se denomina “O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción”.

A mostra, producida polo centro de divulgación ambiental Ceida e o Inega (Instituto enerxético de Galícia), está sendo coordinada pola Oficina de Información Xuvenil (Omix) de Santa Comba, que ofrece a posibilidade de realizar visitas guiadas (981818710).

Con esta actividade preténdese sensibilizar diante dun dos problemas actuais do mundo, mediante a emisión de gases de efecto invernadoiro.

Características “O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción”

A exposición conta com 19 paneis informativos (100x 200), unha proxección audiovisual sobre o cambio climático é un módulo didáctico composto por um ordenador, unha pantalla táctil e unha bicicleta.

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR