981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Exposición de Debuxo e Pintura

0


No Museo da Terra do Xallas(Casa do Pozo)

O alcalde Antonio Landeira e a concelleira de Cultura, María Pose inauguraron a pasada fin de semana unha exposición cunha selección dos traballos da Escola municipal de Debuxo e Pintura, que coordina a profesora María Rodríguez Mira.

A mostra pode visitarse no Museo da Terra do Xallas (Casa do Pozo) de luns a sábado en horario de 11:00h-14:00h e 17:00h-19:00h, ou os domingos entre as 12:30h e as 14:30h.

A escola municipal conta con máis de medio cento de alumnos que participan na iniciativa da Concellaría de Cultura xalleira. Desde este departamento convidan a visitar esta exposición nun Museo, onde hai ademáis hai outra mostra permanente.Na mesma fin de semana e dentro do “Sábado cultural”, organizouse un concerto da Tuna de Veteranos da Coruña, nos baixos da Vivenda Comunitaria.

O concello de Santa Comba en Internet www.santacomba.es

En twitter @SantaComba Press / En Facebook concello de Santa Comba

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR