981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Entrevista cos directivos de Neria

0


O alcalde Antonio Landeira recibiu a directivos da Asociación Neria.

O alcalde xalleiro, Antonio Landeira recibiu esta mañán o secretario e o tesoureiro da asociación supracomarcal Neria, Xan García e Antonio Cundíns, atendendo a solicitude deste colectivo. No encontro, tamén estivo presente o segundo teniente alcalde e concelleiro de Promoción Económica, Formación e Emprego, Jacobo Amarelle.

Desde Neria, Xan García Pouso agradeceu a celeridade coa que foron recibidos no concello e amosou o interese da asociación en que Santa Comba se poida integrar na asociación.Por parte do goberno local valoran a xuntanza como “positiva” e “cordial”.

 

Entendemos que Santa Comba debe fortalecer os seus vínculos coa Costa da Morte.Agradecemos o interese de Neria por querer explicarnos o seu traballo, e aínda que vimos seguindo a súa traxectoria, tomamos boa nota de todo o que nos expuxeron” asegurou o alcalde Antonio Landeira o remate do encontro.

Con respecto a entrada do concello de Santa Comba en Neria, Landeira, opina que estas decisións deben de ser analizadas en profundidade, e en caso afirmativo, tentar buscar o consenso dos grupos da corporación:

Aínda que considero que a nosa incorporación pode ser positiva, calqueira decisión que tome o concello de Santa Comba, por respeto institucional virá despois dunha xuntanza cos portavoces municipais, porque o diálogo é un dos pilares da nosa acción de goberno, e ante decisións de envergadura coma pode ser a integración en Neria, hai que escoitar ós grupos políticos e actuar con cautela”.

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR