981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Entrega dos premios do concurso de Nadal

0


O mago LLedó, cos premiados.

O auditorio do multiusos acolleu a entrega dos premios do XV concurso de debuxo e pintura “O Nadal” que promove a concellería de cultura xalleira. A titular deste departamento, María Pose Rodríguez presidiu o acto, acompañada por representantes do colexio Nosa Señora da Innmaculada, Barrié de la Maza e e dos Colexios Rurais Agrupados de Santa Comba.

Tamén tivo lugar a actuación do ilusionista Cayetano Lledó, que deleitou aos presentes co seu novo espectáculo de maxia.

O gañador do concurso foi o alumno do colexio Inmaculada, Iker Arán Riveiro. O segundo premio foi para Soraya Carreira Mariño(CRA Santa Comba), e o terceiro para Irene Pombo(Barrié de la Maza). Tamén houbo accésits para Noelia Blanco Calvo(Pepe de Xan Baña) Ana María Rodríguez Mourelle(IES Terra de Xallas) e Patricia Pose Duarte(Barrié de la Maza).
Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR