981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

En Santa Comba “Con ganas de rir”

0


Actuación de Máximo Valverde e Eva Santamaría.

DOMINGO 12 XANEIRO- 19,00H MULTIUSOS

Máximo Valverde e Eva Santamaría veñen a Santa Comba “Con ganas de reir”. Así se chama a función que van a representar o vindeiro domingo 12 de xaneiro no auditorio do Multiusos desde as 7 do serán, nun acto organizado pola concellaría de cultura xalleira.

Máximo Valverde é coñecido pola súa faceta de actor participando en varias películas, obras de teatro e series de televisión. Eva Santamaría é unha cantante e actriz española, que chegou a representar a España no Festival de Eurovisión.

Os dous levan varios anos percorrendo distintas localidades “Con ganas de reir”, un espectáculo teatral, cómico-musical, onde o humor se mestura con poemas, coplas e sainetes, nun espectáculo moi dinámico xa que como confesaba o propio Valverde nunha entrevista “cada cinco minutos cambiamos de rexistro”.

www.santacomba.es

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR