Dúas novas medallas Pedro Ernesto para Santa Comba


Entrega das medallas Pedro Ernesto.

O Multiusos xalleiro acolleu o acto de entrega das medallas Pedro Ernesto promovidas pola cámara municipal de Río de Janeiro, concello irmandado con Santa Comba desde 1998. O acto contou coa presenza do representante do municipio brasileiro, Julio César Camargo Barcelos, que foi recibido polo alcalde, Antonio Landeira Gallardo. Tamén asistiron os alcaldes de A Baña e Mazaricos, o concelleiro de Emigración, Juan Carlos Landeira, concelleiros de PP, PSOE, Terra Galega e IxSC, e persoeiros coma o exalcalde José Toja, o abogado Manolo Martín, Manolo Rieiro, Raúl García de Loza, entre outros.

Os recoñecementos recaeron na empresaria Isabel Ares e no exconcelleiro e empresario José Antonio Landeira Parafita (in memoriam).Julio César Barcelos falou da “grande significancia que ten o irmanamento”, mentras que o alcalde, Antonio Landeira apostou “por revitalizalo irmanamento agora que se cumpren trece anos”, tendo palabras de louvanza para Isabel Ares e Pepe Landeira (o seu pai).

Tamén interviu o avogado Manolo Martín que destacou o compromiso coa cultural e coa xente necesitada de Isabel Ares, e a bondade e vontade de traballo de Landeira Parafita. Martín exerceu de padriño para entregar a medalla a Isabel Ares mentres que o propio Barcelos entregou a outra distinción a Tina Gallardo (viúva de Pepe Landeira). As dúas agradeceron emocionadas a condecoración recibida.

Posteriormente a comitiva realizou unha visita a Casa da Pozo, onde o rexedor Antonio Landeira explicou o representante da Cámara de Río de Janeiro os proxectos que pretenden desenvolver nese edificio.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *