981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Cursp de Prevención para a obtención da T.P.C.

0


Os interesados xa poden inscribirse.

O Concello de Santa Comba oferta un curso de Prevención,( en colaboración coa Fundación Laboral para a Construción) necesario para a obtención da tarxeta profesional da construcción(TPC). O módulo formativo consta de oito horas de aprendizaxe que se desenvolverán nunha soa xornada, entre as 8,00h e as 16,00H, e é de carácter gratuito. O máximo de prazas disponibles é de 25.

O concello de Santa Comba dará a coñecer a data de celebración do curso tan pronto se cubran as prazas. A data límite é o 18 de novembro. Os interesados xa poden inscribirse na Oficina de Formación, ubicada na Casa da Cultura, (de 9,00 a 15,00h).

O curso vai dirixido a traballadores en activ, aínda que a Fundación establecerá unha porcentaxe para a participación de desempregados. Máis información sobre os trámites de inscripción na Casa da Cultura de Santa Comba ou nos teléfonos 981880275 e 663728782.

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR