981880075
Seleccionar página


Cursos aula Cemit para o mes de novembro.

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Santa Comba celebrará cinco cursos no vindeiro mes.

Os días 19, 20, 21, 22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de novembro e o 3 e 4 de decembro celébrase o curso “Creación de Contidos Multimedia e Web 2.0”. O obxectivo desde curso é a formación nos procedementos básicos para a creación de contidos multimedia adaptados á web. Trátase de preparar e optimizar recursos de tipo texto, imaxe, audio ou vídeo para posteriormente publicalos nun blog. Proponse un proceso creativo completo onde en primeiro lugar se plantea a obtención dos recursos multimedia orixinais (véxase fotos ou vídeos da cámara dixital, pistas de audio dun CD ou grabación dunha locución, etc). A continuación abórdase o tratamento para darlles un formato máis adecuado, logo publícanse nun servicio Web 2.0 para finalmente integralos nunha entrada ou gadget do blog. O horario será de 16:00 a 20:00 horas.

Os días 5, 7, 9, 12, 14 e 16 de novembro celébrase o curso “ Alfabetización Dixital: Iniciación á Informática” co que se pretende que as persoas adquiran coñecementos básicos das novas tecnoloxías. Manipulación da computadora, introducción o sistema operativo windows, manexo de periféricos, introdución a internet, escritura básica, programas básicos de interacción coa computadora,…. O horario será de 16:00 a 18:00 horas.

Os días 5, 7, 12, 14, 19, 21, 26 e 28 de novembro celébrase o curso “Actividade Externa: Historias de Vida Compartidas”. Trátase dun curso de acercamento ás novas tecnoloxías para persoas maiores. Nel coñecerán ferramentas básicas ao mesmo tempo que desenrolan un traballo en equipo contando experiencias vitais que permite aos máis xóvenes coñecer aspectps pasados. Este curso organízao o Centro Sociocomunitario do Concello de Santa Comba a través da Fundación La Caixa, entidade colaboradora da Rede Cemit.O horario será de 09:00 a 11:00 horas.

Os días 7, 14, 21 e 28 de novembro celébrase o curso “Actividade Externa: Redes sociais I” dirixido ás persoas maiores que queiran iniciarse na comunicación online.

Este curso organízao o Centro Sociocomunitario do Concello de Santa Comba a través da Fundación La Caixa, entidade colaboradora da Rede Cemit. O horario será de 11:00 a 13:00 horas.
No mes de novembro celebrarase o curso “Aula Aberta”, co que se pretende que os usuarios poidan usar os equipos para conectarse a internet. O horario será:
Luns, Martes, Mércores, Xoves e Venres: 20:00 h. a 21:30 h.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Santa Comba sito Edificio Multiusos c/ Curros Enríquez s/n, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, chamar ao teléfono 663 746 523, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: