981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Corrección de erros licitación RENOVACIÓN E MELLORA DA REDE DE SUMIDOIROS… Exp: CON/5/2010#29269

0

Vista a existencia de erros materiais, de feito ou de transcrición nos pregos de cláusulas administrativas particulares da obra “RENOVACIÓN E MELLORA DA REDE DE SUMIIDOIROS, DA REDE DE ABASTECEMENTO DE AUGA E DE TELECOMUNICACIÓNS E MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA DA ILUMINACIÓN PÚBLICA NO CONTORNO DA PRAZA DE SANTA COMBA”, (nº expediente: CON/5/2010 e código organismo: 29269), aprobados por resolución nº: 612/10, do 31 de marzo de 2010.

Publicouse anuncio no Boletín Oficial da Provincia nº 91, do 18 de maio de 2010, onde se indica que poderán presentarse ofertas dentro do prazo de 13 (trece días) días naturais, contados desde o día seguinte ao de publicación do último anuncio no BOP ou perfil do contratante.
Publicouse anuncio no Perfil do Contratante na páxina web coa data 24 de maio de 2010.

Á vista do anterior,

RESOLVO

Primeiro.- Aprobar a rectificación do texto reseñado, aprobado polo decreto enriba transcrito, por tratarse dun erro material, de feito ou de transcrición segundo se desprende da documentación obrante no expediente e que non precisa acudir a interpretacións xurídicas, de conformidade co disposto no art. 105.2 da Lei 30/92, modificada pola Lei 4/99.

Segundo.- Publíquese anuncio de corrección de erros no Boletín Oficial da Provincia e no Perfil do contratante da páxina web municipal, concedendo un novo prazo de 13 trece días naturais a partir do último publicado no BOP ou no Perfil do contratante, motivado en que o importe do orzamento exposto non correspondía co realmente aprobado.

Terceiro.- Publíquese o prego de cláusulas administrativas particulares debidamente corrixido no Perfil do Contratante.

Cuarto.- Publíquese anuncio no xornal El Correo Gallego no que se recolla a circunstancia establecida no apartado segundo.

En Santa Comba, venres, 4 de xuño de 2010
O ALCALDE-PRESIDENTE,

Asdo.: Miguel Pérez Fernández.

ANUNCIO LICITACIÓN

1. – Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Santa Comba (A Coruña).
b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría municipal -departamento contratación- adxunto secretaría.
c) Obtención de documentación e información.
1) Dependencia: ver punto 1.b).
2) Domicilio: Praza do Concello, nº 1 3) Localidade e código postal: Santa Comba, código postal 15841.
4) Teléfono: 981 880075/100. 5) Telefax: 981 889716
6) Correo electrónico: secretaria@santacomba.dicoruna.es
7) Dirección internet do perfil do contratante: www.santacomba.es
8) Data límite obtención de documentación e información: Ata as 13,00 horas do día anterior a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións.
d) Número de expediente: CON/5/2010 Código organismo: 29269

2. – Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: obras.
b) Descrición do obxecto: obra “RENOVACIÓN Y MEJORA DEL ALCANTARILLADO, DE LA RED DE ABASTECIMIENTO DE AGUA Y DE TELECOMUNICACIONES Y MEJORA DE LA EFICIENCIA ENERGÉTICA DEL ALUMBRADO EN EL ENTORNO DE LA PLAZA DE SANTA COMBA”
d) Lugar de execución/entrega: Praza de Santa Comba. Concello de Santa Comba.

4.- ORZAMENTO

2.e) PRAZO

EXECUCIÓN

6.A CLASIFICACIÓN

5.- GARANTÍA PROVISIONAL

5.- GARANTÍA DEFINITIVA

PRESUPOSTO: 540057,48 euros

IVE: 86409,2 euros

TOTAL: 626466,68 euros

6 meses

E 1 c

NON SE ESIXE

5% PREZO ADXUDICACIÓN

(IVE EXCLUÍDO)

3. – Tramitación, procedemento.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto con multiplicidade de criterios de adxudicación.
d) Criterios de adxudicación, no seu caso: Os estipulados no prego de cláusulas administrativas particulares.

7.- Presentación das ofertas ou de solicitudes de presentación.
a) Data límite de presentación: en horas de 9 a 13 horas dentro do prazo dos 13 (trece) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP ou perfil de contratante.
b) Lugar de presentación: O sinalado no apartado 1.c).
c) Admisión de variantes, se procede: Non.
d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta:

8. – Apertura das ofertas.
a) Dirección: O sinalado no apartado 1.c).
b) Localidade e código postal: O sinalado no apartado 1.c)
c) Data e hora: Publicarase no perfil do contratante.

9.- Gastos de publicidade. Os gastos derivados da publicación de anuncios serán de conta do adxudicatario das obras.
11.- Outras informacións. Obra incluída no “FONDO ESTATAL PARA EL EMPLEO Y LA SOSTENIBILIDAD LOCAL-GOBIERNO DE ESPAÑA-”.

En Santa Comba, venres, 4 de xuño de 2010
O ALCALDE-PRESIDENTE,

Asdo.: Miguel Pérez Fernández.


Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR