981880075
Seleccionar página


O alcalde conversou con Arias Cañete e con Rosa Quintana.

O alcalde de Santa Comba agarda que se poida acadar unha solución a problemática do sector leiteiro, pola “importancia que ten este sector no noso concello” e en toda a comunidade autónoma. Antonio Landeira tivo a oportunidade de conversar fai uns días co Ministro de Agricultura. Miguel Arias Cañete, despois de coincidir nun acto,e segundo as súas palabras “aproveitei para lembrarlle a situación dramática deste sector e interesarme polas solucións do goberno”.

“Aínda que o Ministro xa e coñecedor do grande problema que afoga a moitas explotacións, non quixen deixar pasa-la ocasión” engadiu Landeira, que destacou o coñecemento que ten Arias Cañete da problemática exiostente na bisbarra do Xallas e en Galicia e a amabilidade da conversa.

O rexedor xalleiro tamén participou, acompañado dun grupo de gandeiros, fai uns días, nunha xuntanza coa Conselleira do Medio Rural, Rosa Quintana, para recabar información na propia administración. A impresión que sacou Antonio Landeira “é que as solucións son complexas, pero o sector é fundamental, e a administración está comprometida e polo tanto hai que dar os pasos necesarios para que os nosos gandeiros poidan vender o seu leite cun prezo razoable”.