981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Convenio coa Fundación Amigos de Galicia

0

 

O alcalde asinou un convenio con Amigos de Galicia.

 

O alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira e o Presidente da Fundación Amigos de Galicia, Jesús Busto asinaron un convenio, que permitirá a atención de corenta persoas en situación de pobreza
 

Santa Comba, 20.VII.2011

 
As dependencias do concello de Santa Comba acolleron este mércores, a sinatura dun convenio entre o concello de Santa Comba e a Fundación Amigos de Galicia. No acto estiveron presentes o alcalde xalleiro, Antonio Landeira Gallardo e o segundo teniente de alcalde e edil de Formación, Promoción do Emprego e Turismo, Jacobo Amarelle.

 
Pola Fundación asistiron o seu Presidente, Jesús Busto e outro dos membros da entidade, Gerardo Liñares. Froito deste convenio a Fundación de Amigos de Galicia activará en Santa Comba o seu plan de loita contra a pobreza, coa entrega de roupa e produtos alimenticios a unhas corenta familias xalleiras.


 
A axuda será canalizada o traverso do departamento municipal de Servizos Sociais, contando coa colaboración de Cáritas Interparroquial. O Presidente de Amigos de Galicia, destacou que “o concello de Santa Comba súmase a unha iniciativa que xa temos implantada en máis de cen concellos galegos” e que permiten axudar a unhas 15.000 persoas.

 
Pola súa banda, o rexedor Antonio Landeira cree a Fundación Amigos de Galicia “é unha entidade que realiza un importante traballo, e no caso concreto das súas accións de loita contra a pobreza van a ser de utilidade para poder atender as familias con máis dificultades”.

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR