981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Concurso de fotografía móbil

0


Máis información na Cemit de Santa Comba

Con motivo da celebración do día Mundial de internet o próximo 17 de maio, a través da webhttp://www.diadeinternet.org vaise a realizar o I Concurso de Fotografía Móvil #ddi2013 “La tecnología en mi vida cotidiana” a nivel nacional.

O obxectivo do concurso é promover o fenómeno global da fotografía móbil como vehículo para a expresión artística dando visibilidade ás imaxes presentadas en dita web.

Para competir no concurso, os participantes deberán demostrar a súa creatividade mediante a presentación dunha fotografía realizada co móbil que reflicta como se utilizan as novas tecnoloxías na nosa vida cotiá. A fotografía subirase directamente á páxina web do día de internet.

O concurso ten como premio material fotográfico, valorado en máis de 1000 €. Os mellores traballos formarán parte dunha exposición, que se abrirá o 17 de maio, Día Mundial de Internet.

Poden participar todos os maiores de 14 anos que sexan usuarios dalgunha destas redes sociais: Facebook, Instagram ou Twitter, cuxas obras se adecúen á temática proposta, sexan únicas, propias e orixinais. Un Xurado composto por profesionais e expertos do mundo da fotografía decidirá os gañadores segundo a creatividade, orixinalidade, expresividade e os votos on-line das obras.

Para máis información das bases do concurso poden consultar o seguinte enlace:

http://www.diadeinternet.org/2013/?page=participa_fotografia

A presentación das fotos realízase no seguinte enlace:

http://www.diadeinternet.org/2013/?page=foto_presentar_trabajo


Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR