981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Concurso de escaparatismo

0



O concello de Santa Comba promove o VI concurso de escaparates de nadal
.

A concellaría de Comercio, Turismo e Promoción do Emprego promove o concurso de escaparates de nadal, que cumpre a súa sexta edición, coa pretensión de animar o ambiente nos comercios locais e en Santa Comba durante estas festas tradicionais.

A iniciativa coordínase desde a Oficina de Emprego e Desenvolvemento local en colaboración coa asociación de empresarios de Santa Comba. A organización reparte 950 euros en premios, a razón de 500, 300 e 150 euros para os tres primeiros escaparates elexidos polo xurado. Os finalistas serán recoñecidos cunha placa conmemorativa do concurso.

 

Os establecementos que queiran participar poden inscribirse no concello, na Casa da Cultura, ou na asociación de empresarios. Os concursantes terán que manter os seus escaparates invariables desde o remate do prazo de inscrición(previsto para o 31 de decembro) ata o 6 de xaneiro.

 

O fallo do xurado será difundido públicamente e os premios entregaránse nun acto que se desenvolverá no edificio multiusos o xoves 3 de xaneiro de 2013. Na edición anterior os gañadores foron, por orde, Fotos Teca, Deportes Amarelle e Pisotones.

O concello de Santa Comba en Internet www.santacomba.es

En twitter @SantaComba Press / En Facebook concello de Santa Comba

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR