981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Concurso de Escaparates do Nadal

0


Prazo de inscrición aberto ata o 31 de decembro.

O concello de Santa Comba organiza o VII concurso de escaparates no Nadal

Distribúense case 1.000 euros en premios xunto coas placas conmemorativas

A concellaría de Comercio, Turismo, e Promoción do Emprego do concello de Santa Comba convoca, un ano mais, o concurso de escaparates no Nadal, que xa chega a súa sétima edición.A iniciativa coordinada desde a Oficina de Emprego e Desenvolvemento Local, en colaboración coa Asociación de Empresarios, destina 950 euros para os tres primeiros clasificados , divididos en premios de 500, 300 e 150 euros. Ademáis haberá placas conmemorativas para tódolos finalistas.

Os interesados/as poden inscribirse na Casa do Concello, Multiusos, Casa da Cultura ou no local da asociación de empresarios de Santa Comba. Terán ata o 31 de decembro para anotarse. Como é norma habitual deste concurso, os escaparates participantes deberán permanecer invariables desde o remate do prazo de inscrición e ata o 6 de xaneiro.

As bases poden consultarse nos puntos de inscrición ou tamén na páxina web do concello de Santa Comba www.santacomba.es

Os ganadores da pasada edición foro nos seguintes establecementos:

1. Isabelle novias.
2. Sole Mouro.
3.Plantas e Flores Inés Castro.

Desde o concello de Santa Comba animan aos comercios locais a participar neste concurso.

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR