981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Charlas e cursos en Santa Comba

0


Actividades do departamento de Formación.

O Multiusos de Santa acolleu o pasado venres 5 de abril unha charla sobre “estratexias de venda nas redes sociais” na que participaron un grupo de empresarios do concello.

O acto foi presentado polo concelleiro de Formación, Emprego e Promoción Económica, Jacobo Amarelle que dou paso a Begoña Rodríguez da empresa “Strategia on line”, que se encargou da conferencia.

Desde o departamento de Formación veñen de presentar o calendario de actividades para os vindeiros meses, mediante un ciclo de charlas e cursos que se desenvolverán os venres de 9,30h-14,00h no Multiusos.

12 de abril- “Portais de emprego e páxinas de empresas. Postúlate como .candidato”

19 de abril – “Elabora o teu currículum”.

26 abril – “Como prepararse para unha entrevista de traballo”.

10 de maio- “Formación e cualificacións:As novas capacitacións profesionais”

16 de maio- “Capacitación profesional a través do recoñecemento da experiencia profesional”.

24 de maio- “Busca de emprego: As redes sociais e web 2.0”.

16 e 31 de maio- Linkedin” (curso de 10 horas)

7 de xuño – “Elabora o teu currículum”

19 de xuño- “Twitter”

21 de xuño- “Como prepararse para unha entrevista de traballo”

Máis información no 981818710

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR