981880075
Seleccionar página


Celebrouse unha nova edición do Día da Bicicleta.

En Santa Comba celebrouse a décimoquinta edición do Día da Bicicleta, que estivo acompañada polo bó tempo. Nesta cita participaron 170 persoas que realizaron un percorrido de máis de 31 quilómetros por distintas parroquias xalleiras. O traxecto iniciouse no Centro municipal de Cultura e rematouse na praia fluvial de Esmorode onde se celebrou un xantar de confraternidade.

No evento estiveron presentes o alcalde Antonio Landeira e o responsable de Deportes, José Pose Pazos. Desde a organización, que correspondeu a concellería de Deportes, entregaron un trofeo ao participante máis novo, un neno de sete meses de idade e ao máis veterano, un veciño de 68 anos.