981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Cea de confraternidade das mulleres rurais

0


Con motivo do Día da Muller

Santa Comba acolleu a I Cea de Confraternidade de Mulleres Rurais do concello. Foi unha celebración organizada desde o Centro de Información a Muller municipal con motivo do Día Internacional da Muller.

No encontro que se desenvolveu nun establecemento hosteleiro da capital municipal, estivo presente a concelleira de Servizos Sociais, María José Pose Rodríguez.

Nesta xuntanza, procedeuse a lectura dun texto de Lola Blanco, que a continuación reproducimos.

SON MULLER

SON MULLER ESO FAIME MENOS?
NON TEÑO DEREITO A TER ÉXITO?
SON MULLER E POR ESO SON RIVAL?
DOUS PASOS ATRÁS…..NÉGOME..…ESO XAMAIS…

SINTOO SON MULLER MEUS SEÑORES, E COMA
MIN MIL!!!
SI EU CAIO….OUTRA VIRA PARA OCUPAR O MEU
SITIO….
NON TEÑO MEDO NON SON MARTIR…
SON GUERREIRA…

LEVO ESPADA QUE NON COITELO, NON SON UN SER
TRAICIONERO, MIRO A ESPLADA POR QUE DENDE
AHÍ SEMPRE VEXO O DEMO, O CAL NON LLE TEÑO
MEDO. UNHA ESPADA VENCE A UN COITELO.

SON MULLER… E COMO MULLER VOU FACER O
QUE EU QUERO
NON ME IMPORTAN AS CRÍTICAS, FANME MAIS
FORTE
NON ME IMPORTAN AS LOITAS, FANME MAIS
GRANDE

SON MULLER…SINTO POR QUEN NON QUERE
QUE AS MULLERES FAGAN E FALEN DO QUE
SINTEN ALTO E CRARO.

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR