981880075
Seleccionar página


Outras das actividades do verán en Santa Comba.

As mozas xalleiras xa disfrutan do Campamento Xuvenil de Boiro

O pasado sábado 18 de Agosto saiu de Santa Comba a primeira parte dos expedicionarios destas terras con destino ó Campamento Xuvenil de " A Espiñeira" en Boiro.Este campamento xuvenil, organizado polo departamento de Xuventude do Concello de Santa Comba en colaboración coa Xunta de Galicia, levará a Boiro a unha trintena de xóvenes, que realizarán diversas actividades en contacto coa natureza.
 
Os xóvenes dividiranse en dúas quendas: a primeira, que estará en Boiro do 18 ó 24 de Agosto e formada por mozas de 13 a 17 anos ( curiosamente o sector feminino foi o máis animado e emprendedor nestas idades); e unha segunda quenda, que comezará o 24 de Agosto ata o 29 deste mesmo mes, e da que poderán disfrutar 16 nen@s, de 9 a 12 anos.
Á hora da saída, estas primeiras " campistas" estiveron acompañadas pola Concelleira de Cultura e Servizos Sociais, María Pose, así como dos monitores que as acompañarán nesta " aventura" na bisbarra do Barbanza.