981880075
Seleccionar página


Haruna Takebe e Miki Mori estrearon o Festival xalleiro.

A I Primavera musical do Xallas arrancou cunha excelente actuación da soprano Miki Mori que puxo voz aos versos de Rosalía de Castro acompañada no piano por Haruna Takebe. Os asistentes a velada aplaudiron efusivamente un concerto que tivo como broche a interpretación de “Negra Sombra”.

Antes da actuación, o académico e catedrático Xesús Alonso Montero ofreceu unha conferencia na que analizou alguns aspectos do libro “Cantares Gallegos” e da súa autora, Rosalia de Castro. Foi presentado pólo profesor Antonio Puentes Chao.A concelleira de cultura, María Pose agasallou com flores as artistas e tamén tivo un recoñecemento para Alonso Montero ao que lle entregou um libro da Historia de Santa Comba. Entre o público, tamén estaba o fillo predilecto de Santa Comba, Ángel María Carracedo.

A primeira función da Primavera musical promovida polo departamento de cultura e coordinada polo músico xalleiro, David Durán Arufe, estivo adicada a “Cantares Gallegos” no 150 aniversario da súa publicación.

A vindeira cita será o vindeiro 14 de abril, as 20,00h na capela de Santa Catalina, e conmemoraráse o primeiro centenario da construción deste templo. Actuarán David Durán Arufe(piano), Saúl Canosa(clarinete) Kiyoko Ohashi(violín) e Thomas Piel(violoncello).