981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Alborada para Rosalía

0


Domingo 24 de febreiro na praza da igrexa.

O concello de Santa Comba únese as actos previstos en diferentes concellos de Galicia por mor do Día de Rosalía, que se celebra o vindeiro 24 de febreiro.

A concelleira de cultura María Pose anunciou que o vindeiro domingo, as 12:30h. o grupo de gaitas da escola municipal xalleira actuará nas inmediacións da igrexa parroquial.

Con esta actividade, o concello de Santa Comba súmase a iniciativa da Fundación Rosalía, Real Academia Galega, Universidade de Vigo e a Asociación de Gaiteiros Galegos para que o vindeiro domingo en distintas localidades galegas soen as gaitas na memoria da insigne escritora.

Este ano no que se cumpren 150 anos da edición de “Cantares Gallegos”, a concellería de cultura de Santa Comba prepara outro acto para o vindeiro mes de marzo.

http://rosaliadecastro.org/

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR