981880075
Seleccionar página

Por resolución de alcaldía nº 1538, con data vinte e dous de setembro de dous mil nove, aprobouse a adxudicación definitiva do contrato de subministracións abaixo relacionado, o que se publica aos efectos do artigo 138 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público.

 
 
1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Santa Comba (A Coruña).

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría municipal.

c) Número de expediente: 09-2 / SUB NEG

 
2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministracións.

b) Descrición do obxecto:

EQUIPAMENTO MOBILIARIO VIVENDA COMUNITARIA

 
3. Tramitación, procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE.
 
4. Orzamento base licitación.

Importe neto: 17964,16 euros. IVE 2275,32 euros. Importe total: 20239,48 euros.

 
5. Adxudicación.
a) Data: 22/09/2009

b) Contratista: ERGOSAÚDE EQUIPAMENTO GERIÁTRICO CLÍNICO, SL (ERGOSAÚDE, SL)

c) Importe de adxudicación:

Importe neto 17964,16 euros. IVE 2275,32 euros. Importe total: 20209,56 euros.

 

En Santa Comba, 22/09/2009.

 
O ALCALDE-PRESIDENTE,
 
 
Asdo.: Miguel Pérez Fernández.