981880075
Seleccionar página


Aberto o prazo para inscribirse

O concello de Santa Comba abreu a pasada semana o prazo de inscrición para as distintas actividades coordinadas desde a concellaría de cultura que dirixe María Pose Rodríguez. Trátase dunha completo programa que ofrece unhas trinta actividades para este curso.

No apartado musical, continuaráse coa escola de música e baile tradicional que agrupa as ensinanzas de baile rexional, gaita, pandeireta e acordeón ou coa escola de música moderna, posta en funcionamento o ano pasado e onde os alumnos e onde se poderá estudiar piano, guitarra, canto, batería,etc…Non faltará o baile de salón.
Outros apartados que destacan na oferta municipal son as clases de inglés, con ata oito módulos formativos distintos segundo as necesidades dos participantes. O debuxo e pintura, informática, animación a lectura, a escola de teatro e expresión corporal son outras posibilidades.
Desde o concello de Santa Comba tamén ofertan obradoiros de matemáticas, expresión escrita, técnicas de estudio, e mecanografía por ordenador. Destaca ademáis a escola de educación de adultos coa ensinanzas de E.S.A., bacharelato ou a aula Mentor.

Para obter máis información ou inscribirse pode dirixirse a Casa da Cultura. Teléfono 981880275 cultura@santacomba.es