981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

A Xunta acredita ao centro formativo xalleiro

0


Poderánse impartir once novos certificados de profesionalidade

A consellería de Traballo e Benestar ven de resolver favorablemente a petición do concello de Santa Comba, para poder contar cun centro de formación ocupacional.O “Centro Integrado de Formación Terra de Xallas” xa conta coa acreditación necesaria.En base a esta comunicación oficial, no centro ubicado no Multiusos xalleiro pódense impartir tamén once novos certificados de profesionalidade.
Desde a concellaría de Promoción Económica, Formación e Emprego valórase moi positivamente a acreditación obtida por parte da Xunta de Galicia, xa que permitirá manter e incrementar a oferta formativa do concello de Santa Comba.Na actualidade estanse desenvolvendo distintos talleres de emprego que pretenden incidir na busca activa de traballo e na inserción laboral, en tempos tan complexos.

Os 11 novos certificados de profesionalidade que se poden impartir son:

– Asistencia á dirección
– Actividades administrativas na relación cocliente
– Asistencia documental e de xestión en despachos e oficinas.
– Operacións auxilaires de servizos administrativos e xerais.
– Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos.
– Xestión integrada de recursos humanos.
– Actividades de xestión administrativa.
– Creación e xestión de microempresas.
– Dinamización comunitaria.
– Dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais.
– Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR