981880075
Seleccionar página


Cursos do mes febreiro no Cemit.

A Aula Cemit do concello de Santa Comba celebrará durante o vindeiro mes de febreiro un total de nove cursos.

A Aula, integrada na rede de centros para a modernización e a inclusión tecnológica da Xunta de Galicia ten previsto desenvolver os seguintes módulos formativos:

“Correo electrónico”, “A entrevista de traballo”, “Busca de emprego:Redes sociais e web2.0”, “Portais de emprego e páxinas de empresas: Postúlate como candidato”, “Capacitación profesional a través do recoñecemento da experiencia profesional”, “Mecanografía para maiores”, “Aproximación as novas tecnoloxías”, “Redes Sociais” e “Aula Aberta”.

As persoas interesadas nestas actividades poden dirixirse a Aula CeMIT de Santa Comba sita Edificio Multiusos Rúa Curros Enríquez s/n, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, chamar ao teléfono 663 746 523, ou enviar un correo electrónico ao enderezo:cemit.santacomba@xunta.es