981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Novas de xullo

0

SUBVENCION DE 4.000 EUROS PARA ACTIVIDADES CON EMIGRANTES RETORNADOS

09.07.07 Secretaría Xeral de Emigración. Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. A Consellería da Presidencia, Administracións, Públicas e Xustiza a través da Secretaría Xeral de Emigración concedeu o Concello de Santa Comba unha subvención por importe de 4.000 euros para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida da población retornada e inmigrante.

A cantidade concedida poderá destinarse a accións referidas a programas do eixe de acollida que terán por obxecto a realización de proxectos que faciliten o acceso e a integración dos emigrantes retornados e inmigrantes na sociedade galega a través da creación de servizos de información, orientación e acompañamento no eido xurídico, social e laboral e, de ser o caso, mediante a elaboración de itinerarios personalizados de inserción, a creación de novas prazas de acollida temporal ou reforzo das existentes, a cobertura das súas necesidades básicas, ou a impartición de clases de idiomas.

MELLORA DA COBERTURA DE TELEFONIA MOVIL

11.07.07. Telefónica Móviles. O Concello de Santa Comba entablaou negociacións con Telefónica Móviles para ampliar a cobertura de telefonía móvil no municipio de Santa Comba, en base o acordo no que Telefónica Móviles chegou o pasado día 6 de xuño co Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, mediante o cal se dotará de cobertura de telefonía móvil, tanto a aquelas poboacións de entre 150 e 1.000 habitantes, como a zonas de interese estratéxico e a rede ferroviaria de alta velocidade.

O Concello de Santa Comba, cumpre cos requisitos establecidos no concurso público no que se basa dito acordo, e o tipo de instalación virá determinado polo número de habitantes, orografía, as posibilidades constructivas, de acceso e o consumo eléctrico.

Nun principio as melloras de cobertura non terían coste algún para as arcas municipais e serían costeadas integramente por Telefónica Móviles, o concello tería que poñer a disposición da empresa repetidores locais de televisión, depósitos de auga, e edificios municipais. Si esto non fora posible por non contar con elas nas zonas de ampliación ou por non ser viables técnicamente, telefónica móviles instalará a infraestructura necesaria nos terreos que facilite o concello.

Os termos destes posibles acordos estan pendentes dunha xuntaza con representantes de Telefónica móviles, aínda que nun principio desde o concello indicousele a operadora a necesidade ampliala cobertura en  Alón de Abaixo, Alón de Arriba, Armán, Barbeira, Boaña de Arriba, Bustelo, O Busto, Cícere, Cotoleira, O Couto, Estevez, Freixeiro, Grixoa, Guldriz, O Loureiro, Mallón, Montouto, Mourelle, Rebordelos, Sabaceda, Salgueiroas, San Martiño, San Salvador, Ser, As Travesas, Truebe, Ventosa e Vilar de Céltigos, con deficiencias na cobertura, donde telefónica xa está comprobando ás posibles deficiencias asi como noutras zonas que poideran estar en sombra.

XUNTANZA CO ALCALDE DE CORISTANCO PARA O ARRANXO DA ESTRADA QUE COMUNICA AMBOS MUNICIPIOS

17.07.07 A Casa do Concello de Santa Comba foi o lugar elixido, o pasado día 16 de xullo,  polos Alcaldes de Santa Comba, D. José Antonio Ucha Velo, e o seu homónimo de Coristanco, D. Antonio Pensado Plágaro, de cara a establecelas medidas encamiñadas a transferencia á Xunta de Galicia por parte da Deputación Provincial da Coruña, da estrada provincial de 21 Km que une ambas localidades e a súa futura conexión co novo corredor que o goberno autonómico está construíndo entre Carballo e Fisterra.
 
A consecución das transferencias a Xunta de Galicia da titularidade das estradas provinciales de Santa Comba-Coristanco e Santa Comba-Portomouro é o primeiro paso e imprescindible para impulsala mellora adecuada nas comunicacións viarias coa Coruña e Santiago de Compostela, respectivamente.
 
No caso do vial coa capital de Galicia, o goberno xalleiro non descarta solicitar a construcción dun corredor para vertebrar mellor as comunicacións entre Santiago e a Costa da Morte, o que moitos veciños estiman máis que necesario debido o crecente tráfico.

Posteriormente e nunhas declaracións feitas a revista da Costa da Morte “O Acontecer” o Alcalde de Coristanco manifestaba que “A estrada de Coristanco a Santa Comba necesita un desenrolo adaptado ós tempos actuais, xa llo dixen ó presidente da Deputación na última xuntanza que tiven con el, porque é un tramo cunhas curvas terribles. Creo que chegou o tempo de que haxa un novo proxecto, que vai beneficiar ó emprego e ós comercios. É hora de que se resolva o problema desa estrada”.

Pola súa parte o Alcalde de Santa Comba esta pendente dunha xuntanza co presidente da Deputación para presentarlle diversos proxectos entre os que lóxicamente esta o arranxo desa estrada.

 

VISITA A OFICINA DE CORREOS

18.07.07 O pasado 18 de xullo o Alcalde, presentouse ante os empleados da oficina de correos nas propias oficinas da rúa Coruña e atendeu as súas demandas para a mellora do servizo na localidade. Os empregados da oficina fixéronlle saber o novo alcalde a imperiosa necesidade de acometer a numeración das vivendas, algo que xa puxeran de manifesto ante o anterior goberno pero que de momento esta sin desenrrolar. Según indicaron, en ocasions atopan numerosas dificultades para que as cartas cheguen o seu destino por culpa deste problema, algo co que coinciden co manisfestado anteriormente polos funcionarios do Xulgado, que en máis dunha ocasion non poideron notificar decisións xudiciais. O problema agrávase aínda máis pola dobre numeración que están utilizando algunhas vivendas. José Antonio Ucha comprometeuse a iniciar o estudio canto antes para solucionalo problema.

O ALCALDE RECIBE O PRESIDENTE DO SANTA COMBA CLUBE DE FUTBOL

18.07.07 O 17 de xullo no despacho da alcaldía, José Antonio Ucha recibiu o presidente do Santa Comba Clube de Fútbol, D. José Gerpe, e a outros directivos que querían saber por parte do propio alcalde a dispoñibilidade de apoio o clube para a vindeira campaña.

Durante a xuntanza o alcalde solicitoulle o clube un estudio de mínimos sobre os gastos do clube para posteriormente conceder unha subvención acorde os mesmos, aínda que xa lles adiantou que en ningún caso o concello afrontará unha axuda como a actual que alcanza os 146.540 euros, case 25 millons das antigas pesetas divididos en 56.540 euros para a promoción do fútbol base e 90.000 para o primeiro equipo. 

O marxe da categoría que o ocupa o clube neste momento, desde o novo goberno considerase desproporcionada unha axuda tan elevada a un clube que quintuplica a axuda que reciben os demais clubes xuntos, máis aínda cando a primeira plantilla do Santa Comba CF está integrada case no seu 100% por xogadores de fora do municipio.

Aínda que parte deses gastos están destinados a promoción do fútbol base, en base a unha previsión de gastos feita polo propio concello, tendo en conta a participación nas ligas federadas e diversos torneos organizados por concellos e entidades da zona, parte da participación nestes torneos non se está cumprindo, ben porque non os houbo ou ben porque non se organizaron, como a organización que debería realizar o clube dun torneo alevín de futbol 7 e para o que estaban previstos 2.870 euros, algo que non se realizou nos últimos dous anos.

Asimismo desde o concello preténdese que as axudas que se concedan os clubes de fútbol vaian destinadas básicamente a gastos de carácter deportivo derivados da participación dos clubes nas respectivas ligas como equipamento deportivo ou dereitos de arbitraxes e que non servan para sufragar salarios de xogadores a través de gastos de viaxes e dietas de desprazamento.

A reducción da subvención o Santa Comba clube de fútbol non abandonará o deporte e será invertida en outros apoios ou proxectos deportivos que agora mesmo estan en estudio como a creación dunha partida presupostaria para o autocross, algo que ata o momento non existía a pesar de ser a actividade que máis público congrega no municipio, a creación dun circuito de velocidad sobre terra para a mesma especialidade, apoio o horse ball, acondicionamento anual do cespede de Fontenla, e a mellora e a ampliación de actividades, escolas e instalacións deportivas.

Posteriormente nunha nova xuntanza levada cabo no mes de setembro o Alcalde confirmoulle o os directivos do Santa Comba que o Concello faráse cargo da xestión e gasto do fútbol base polo que selle retira o Santa Comba CF a subvención que tiña de 56.540 euros e a subvención para o primeiro equipo redúcese ata os 50.000 euros.

A REDE NATURA AMPLIARASE O CAUCE DO RIO XALLAS

19.07.07. Consellería de Medio Ambiente. A Rede Natura de protección de lugares de interese paisaxístico, situados na súa maioría no borde do litoral, afectará de maneira notable o noso municipio.

Según datos da Consellería de Medio Ambiente que é o departamento encargado do impulso desta ampliación, que incluirá os LIC (Lugares de Interese Comunitario) e as zonas de especial protección de Aves, ademáis de parques naturais, levaráse a cabo durante finais do ano 2007 e 2008.

Nesta ampliación de Medio Ambiente créase un novo LIC na zona da Lagoa de Alcaián, ou Braña Rubia situada na súa maior parte no municipio de Coristanco e no lugar do nacemento do río Xallas, hoxendía con moita menos auga que tivo noutros tempos, pero que será un novo lugar de interese comunitario cunha superficie de 224 hectáreas. No cauce do río Xallas, haberá outro máis, nas brañas do Xallas entre Mazaricos e Santa Comba con 1.562 hectáreas de extensión.

Aínda que a Consellería escoitará as propostas do concello, a mera inclusión no listado xa otorga a esos lugares unha protección efectiva, no sentido de que a administración autonómica velará para que non se leven a cabo determinadas actuacións que poideran afectarlle.

Unha vez que se aprobe definitivamente por parte de Ministerio de Medio Ambiente, e a Comisión Europea emita o dictamen a través da Axencia Europea do Medio Ambiente, haberá un prazo de seis anos para crear elementos precisos de xestión e protección.

A LIMIA, TERRA CHA, DEZA E SANTA COMBA, ELEXIDAS ZONAS PILOTO PARA ACTIVAR O BANCO DE TERRAS

19.07.07. Consellería de Medio Rural. Bantegal. As bisbarras do Deza e Santa Comba xunto con A Limia e Terra Cha, foron elexidas pola Consellería de Medio Rural, por ser as de maior tradición agrogandeira do país, para poñer en marcha, a partir de setembro de 2007 e de forma experimental, o Banco de Terras de Galicia, un organismo que busca frenar a pérda da superficie agraria útil e que prevé movilizar 10.000 hectáreas nas zonas piloto este año 2007.

Coa creación do Banco de Terras, cuia lei entrou en vigor o pasado mes de maio, a Xunta pretende facilitar a ampliación da base territorial das explotacions que o precisen e proporcionar superficie agraria útil a través da movilización das terras con aptitude agraria.

Está destinado as explotacions que queiran aumentar a súa superficie agrícola, as cooperativas que precisen ampliar a súa base territorial e a recuperación da actividade agraria en zonas afectadas polo envellecemento e o éxodo rural. A normativa incentiva tamén, a incorporación de xóvenes a actividade.

O órgano de xestión do banco, Bantegal, movilizará as terras mediante un sistema de arrendamento cuns precios de referencia, ademáis de garantizar o cobro do precio establecido e a devolución da propiedade en normal estado de uso cando finalice o período de alquiler, que será dun mínimo de cinco anos.

O Banco de Terras constitúe, polo tanto, un instrumento para impulsar o medio rural, frear o abandono das propiedades, e previr, desta forma, os riscos de incendios.

Medio Rural, a través de Bantegal dispon dunha páxina web www.bantegal.com, como canle de información para os potenciais destinatarios da iniciativa e un soporte de xestión que axilizará a tramitación de alquiler das fincas rústicas. Asimesmo conta cun simulador virtual, que será utilizado para o depósito das tierras, a localización e verificación da súa disponibilidade, a obtención de precios de referencia e o modelo de xestión para comprobar a viabilidade dos proxectos.

PRIMEIRO ACTO PUBLICO OFICIAL DO NOVO ALCALDE

20.07.07. Galardons da Cámara Municipal de Rio de Janeiro (Brasil). D. José Antonio Ucha Velo participou en Santiago de Compostela no seu primeiro acto público oficial como novo Alcalde de Santa Comba nos actos de entrega de galardóns que desde fai años outorga a Cámara Municipal da cidade brasileira de Rio de Janeiro, co obxetivo de recoñecer a laboura de destacados persoeiros de todo o mundo, e compartindo acto, entre outros,  co alcalde de Santiago, D. José Sánchez Bugallo e representantes da Cámara Municipal de Río de Janeiro.

O marxe da súa presenza como  rexidor dun concello irmandado coa cidade de Rio cunha gran colonia de veciños xaleiros, a presenza de D. José Antonio Ucha tamén se debeu para mostrar o seu apoio a uns dos premiados, o veciño xalleiro, e tamén ex-emigrante durante moitos anos na cidade carioca,  D. José Amigo Ramos, músico e compositor, que foi premiado pola súa gran traxectoria artística.

D. José Amigo comparteu este gran honor con outros ilustres galegos relacionados coas artes, as letras e a empresa a quenes se lles entregaron tamén as medallas e o diploma neste acto, como Manuel Martín Gómez, coñecido abogado e profesor da Universidade de Santiago; Manuel Rivas, escritor e periodista; Luis González Tosar, escritor e presidente do Pen Clube de Galicia; e o empresario Ghaleb Jaber, presidente da Fundación Meliá Araguaney.

Os actos tiveron lugar o  pasado 19 de xullo de 2007, no compostelano hotel Araguaney.

SANTA COMBA TERA GAS NATURAL CANALIZADO

20.07.07. Consellería de Innovación e Industria. Gas Directo Dez concellos da provincia de A Coruña, entre eles Santa Comba, veñense de beneficiar do acordo de colaboración entre a Consellería de Innovación e Industria e a distribuidora Gas Directo, a través dun convenio que permitirá levar o gas canalizado o noso municipio, prevendo que os traballos de instalación se inicien a finais do presente año ou principios de 2008.

O Conselleiro de Innovación, Fernando Blanco, avanzou que a inversión prevista para municipios beneficiados das actuaciones sea de 49 millones de euros, dos que o seu departamento aportará, “como máximo”, un 30 por ciento.

O que se persigue con este convenio é gasificar gran parte das bisbarras de Arzúa, Terra de Melide, Ferrolterra, Xallas e A Costa da Morte. As infraestructuras previstas alcanzan máis de 178 kilómetros, no caso dos gasoductos, e 91 en redes de distribución que, según explicou Blanco, “permitirán abastecer de gas a unha poboación potencial de 84.400 habitantes e crear 8.165 puntos de subministración”. A nivel porcentual, o proxecto supon incrementar nun 16% as actuais redes de distribución de gas en Galicia e nun 5% os puntos de suministro, según Innovación.

A distribuidora Gas Directo, será a empresa que facilitará a entrada na cuarta fase do plan de gasificación de Galicia o Concello de Santa Comba

O plan de gasificación de Galicia púxose en marcha en 1998 coa chegada do gas natural as sete principales cidades de Galicia. Na actualidade xa se está executando a tercera fase do plan, que  permitiu a posta en marcha das plantas de gas natural licuado en Sanxenxo e Cee. A cuarta fase do proxecto, inclue a unha parte dos concellos do entorno de Santiago,  desenrrolandose no cuatrienio 2006-2009. Actualmente Gas Galicia ten unha rede de 1.700 kilómetros e distribue gas a un total de 44 municipios da comunidad galega.

SANTA COMBA INCLUIDA NA ZONA 2 DO PLAN DE REEQUILIBRIO TERRITORIAL 2007-2010 PARA O DESENRROLO DA GALIZA INTERIOR

20.07.07. Consellería de Pol. Territorial, Inovación, Med. Rural, Med. Ambiente, Traballo e Vivenda.  O Plan de Reequilibrio Territorial 2007-2010  pretende impulsar o desenrrolo económico e social das áreas máis atrasadas da comunidade e  beneficiará a máis dun millón de cidadans galegos abordando inversions en cinco sectores clave: infraestructuras, medioambiente, equipamentos sociais, vivenda, medio rural, pesca e promoción económica.

O precio de que non existan unha Galicia “de primeira” e outra “de segunda” supera los 2.670 millones, os que a Xunta suma os 985 aportados polo Goberno ata 2010 ata cifrar a inversión total en 3.657 millóns de euros. Contémplanse 500 iniciativas no 88,3% da superficie da comunidade, donde reside o 38% da poboación. A inversión por persona alcanza os 2.576 euros.

A estratexia deste plan divide Galicia en catro grandes áreas de actuacións, das que quedan excluidas as zonas máis poderosas económicamente, como son as áreas metropolitanas de A Coruña e Santiago, as Rías Baixas, Ourense e Lugo.

Na zona dúas denominada A Coruña Occidental, na que está incluída Santa Comba, financiaránse en primeiro lugar as depuradoras de Camariñas, Fisterra, Malpica, Ponteceso e Santa Comba,  e convertiráse Muros nun núcleo piloto de sostebilidade. En segundo, acabaránse as vías de alta capacidade Carballo-Cee e Brión-Noia. También se porá en marcha un parque del megalitismo na la Costa da Morte.

SANTA COMBA ALBERGARA A EXPOSICIÓN NAZÓN DE BREOGÁN

24.07.07. Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar Esta exposición inclue unha versión en tamaño reducido da exposición que se inaugurou en Santiago de Compostela, por parte da Vicepresidencia da Xunta coincidindo co setenta aniversario do plebiscito do noso primeiro estatuto de Autonomía de 1.936.

A mostra que xa foi visitada por máis de 70.000 persoas desde a súa inauguración, consta de 18 paneis para colgar, cunhas dimensions de 125x58cm cada un, que irán acompañados dos correspondentes catálogos e carteis facendo un percorrido pola historia de Galicia, dende as súas orixes ata o ano 1936, co obxecto de achegar a cidadanía á especificidade histórica e identitaria, reforzando o sentimento de pretenza a unha comunidade singular.

Vicepresidencia da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral e de Relacións Institucionais faráse cargo da montaxe nas salas e o Concello de Santa Comba da difusión publicitaria.

O INFORME TECNICO DO ARQUITECTO CONFIRMA OS DANOS DE EDIFICACION, USO E MELLORAS  DA GARDERIA

24.07.07 No informe emitido polo arquitecto técnico municipal a petición da alcaldía sobre a situación xeral e os desperfectos da gardería, confirma as deficiencias e melloras demandadas polos pais e a nula esixencia de responsabilidade por parte do concello o constructor nas garantías da edificación, cos conseguintes riscos para os nenos.

No apartado de danos por uso o informe indica o seguinte: “Os cuartos de baño estan estropeados, os inodoros non parecen apropiados, con cisternas altas e de fácil deterioro, sendo máis prácticos e de mellor mantemento os de cisterna baixa ou mochila e os empotrados. Os protectores dos radiadores están soltos. Existen desperfectos nas manillas das portas, nos mobles da cociña e os cambiadores, así como no caixón da mesa da clase intermedia e o armario da zona de cunas. Existe dilatación na primeira e terceira portas de entrada e na da salida o patio falta a barra inferior. Nas portas das clases, así como nas súas manillas existen problemas de enganche. O suelo de caucho colocado no patio exterior non está completo”.

Nos danos de edificación o informe fai referencia as grietas, goteiras, filtracións de auga  e danos nas portas “existen grietas na clase das cunas, na cociña, no comedor e na sala de profesores. Existen goteiras nas clase de cunas, dous cuartos de baño e pasillos. A porta da clase intermedia filtra auga e as xuntas dos canalons están mal seladas”.

Finalmente e o marxe dos danos indicados, como posibles melloras recomenda a “instalación de timbre no patio, aislamento na zona de cunas, placa de cociña de maior dimensión, máis material educativo e ordenadores”. 

MODERNIZARÁSE A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL E A SÚA COORDINACIÓN COAS DEMAIS BIBLIOTECAS.

25.07.07. Consellería de Cultura e Deporte O Concello de Santa Comba  xunto coa Consellería de Cultura e Deporte, a través da Direccion Xeral de Creación e Difusión Cultural, está a traballar no desenvolvemento dun programa específico destinado a mellora e modernización da Biblioteca Pública Municipal, mediante o cal se pretende  inciar unha política de colaboración encamiñada a mellorar a axencia de lectura en tres modalidades básicas. Por un lado a dotación de mobiliario para ampliación das instalacións, por outro a mellora de coleccións bibliográficas e finalmente a mellora dos servizos de acceso á internet e á biblioteca electrónica.
 
Na actualidade a biblioteca municipal chegou o límite da súa capacidades e é necesario ampliala e dotalada de mobiliario xa que moitos libros e coleccións bibliográficas atópanse almacenados en caixas por falta de espacio ou lugares de ubicación adecuados para a súa consulta. Asimesmo tamén é necesario dividir claramente as instalacións en zona de consulta, lectura e internet, xa que na actualidade está todo misturado, o que dificulta a organización das instalacións e a concentración daquelas persoas que acuden a mesma a estudiar.

Asimismo preténdese centralizar tódolos servizos multimedia polo é moi probable  que a aula de informática da Deputación que está dentro da biblioteca sea trasladada o  edificio multiusos o lado da aula multimedia da Xunta de Galicia que aínda non está en marcha por problemas no sistema eléctrico. Este feito permitirá aumentala capacidade da biblioteca.

Polo que respeta ás demais bibliotecas municipais, como son as que están ubicadas nos centros educativos, aínda que non sexan de competencia municipal, José Antonio Ucha Velo, unha vez comencé o curso escolar e se presente ante os directores dos coléxios para tratalas inquedanzas e necesidades dos centros, pretende plantexarlle a creación dun consello local, similar a APA, para coordinalo uso e recursos de tódalas bibliotecas.

XUNTANZA COA ASOCIACION ECUESTRE

25.07.07 No día de onte o alcalde do concello e Daniel Turnes, presidente da Asociación Ecuestre do Xallas mantiveron unha xuntanza para tratar temas relacionados co equipo de Horse Ball (baloncesto a cabalo) e outras actividades ecuestres. De momento o alcalde comprometeuse a acondicionar parte da única nave do antiguo mercado que queda en pe para dar cabida as cuadras dos cabalos que participan no campionato galego e nacional da especialidade. Respecto as demais actividades ecuestres estudiaráse a redacción, si procede, dun convenio de colaboración para a realización de diversas actividades.

RECEPCION OS RAPACES SAHARAUIS

27.07.07 O Centro de Cultura da localidade foi o pasado 27 de xullo o escenario dun emotivo acto que tivo como protagonistas os nenos saharauis que pasan o veran na localidade.

O alcalde, José Antonio Ucha, ofreceu unha recepción cun almorzo os pequenos e escoitou por boca dos rapaces ás necesidades do pobo saharaui, as demandas de colaboración, a súa forma de vida en campamentos con casas de adobe, jaimas e abastecemento de auga a través de camions cisterna, así como o seu desprecio a certos gobernantes que non lle permiten vivir de forma independente conforme a súa cultura e formas de vida.

As familias acolledoras e a asistente social do concello tamén estiveron presentes nun acto no que o rexidor anunciou o compromiso do Concello de Santa Comba de continuar participando en anos próximos no programa que fai posible que os rapaces saharauis pasen as súas vacacions en Santa Comba.

O pais, pola súa parte, agradeceron o concello a súa axuda neste programa denominado ‘Vacaciones por la paz’ e pedíronlle o rexidor un esforzo maior para o vindeiro ano, o mesmo tempo que lle deron conta do que supon para estos nenos de 6 a 12 anos a estancia de dous meses na nosa terra no que se lles evita permanecer nos campamentos na época máis calurosa do año e que son aproveitados, ademáis, para realizarlles revisions e tratamentos médicos.

O rapaces poden participar en tódalas actividades de verán que organiza o concello, pero  televisión, piscina, praia e bicicleta é o que máis aprecian os rapaces..

A triste realidade do Sáhara Occidental: Os campamentos saharauis

O Sáhara Occidental foi una colonia española ata 1975, cando Marrocos o invadeu mediante a Marcha Verde. Para enton, España xa se comprometera, a instancias da ONU, a inicialos trámites de descolonización que contemplaban a convocatoria dun referéndum para a independencia do Sáhara. Sin embargo, a Marcha Verde sorprendeu a España nun momento delicado no que Franco agonizaba e optou por sacudirse a responsabilidade abandonando o territorio. O referéndum segue pendente de celebrarse.

A invasión marroquí obligou a decenas de miles de saharauis a fuxir deserto adentro ata territorio arxelino, donde levantaron, cerca da cidade de Tinduf, campos de refuxiados. Exiliados nese rincón do deserto máis duro do planeta donde a temperatura en veran supera os cincuenta grados a sombra, preto de 200.000 saharauis sobreviven desde fai 30 anos en precarias condicions, en tendas de campaña proporcionadas polo  Alto Comisionado das Naciones Unidas para os Refuxiados, ACNUR. Unha pequena construcción de adobe fai as funciones de cociña. A organización dos campamentos está prácticamente en mans das mulleres. A maioría dos refuxiados son mulleres e nenos, xa que casi todolos homes atópanse movilizados nas zonas liberadas.

Organizacions como Human Rights Watch, Amnistía Internacional ou a Organización Mundial contra a Tortura denunciaron repetidas veces a constante violación dos dereitos humans que sufre a poboación saharaui que vive baixo bandeira marroquí, os mesmos que os invadiron e obrigaron a abandonar o seu territorio. Detencions arbitrarias, torturas e desaparicions son as principais mostras do hostigamento e a persecución que padece este pobo. Mentras esperan que os gobernantes lles permitan regresar a súa terra os saharauis resisten como poden gracias a axuda internacional.

ESCOLARES DE SANTA COMBA PARTICIPARAN NOS ACTOS CONMEMORATIVOS DO BICENTENARIO DA GUERRA DA INDEPENDENCIA

Museo Militar da Coruña. Ministerio de Defensa 27.07.07 Co obxecto de contribuir a formación dos nosos xóvenes no coñecemento da nosa historia o Concello de Santa Comba xunto co Museo Militar da Coruña establecerá unha serie de visitas guiadas de grupos de escolares os actos museográficos didácticos, específicamente monográficos sobre a Guerra da Independencia, despois de que o Ministerio de Defensa a través da Dirección Xeral de Relacións Institucionais decidira que sexa A Coruña o centro de partida para a celebración do actos conmemorativos do bicentenario da Guerra da Independencia.

As actividades museísticas coincidirán con un congreso da Asociación do Profesorado de Historia e Xeografía (AEPHG) e outras o longo do ano desenrroladas polas máis significativas asociacións de recreación histórica de España como son a Asociación The Royal Green Jackets e a Asociación Napoleónica Española.

CUN COSTE DE MAIS DE 50.000€ SANTA COMBA E O CONCELLO MELLOR COMUNICADO CO SERVIZO DE AUTOBUSES NOCTURNOS NOITEBUS A MOVIDA XALLEIRA

27.07.07. Dirección Xeral de Transportes. O Concello de Santa Comba xunto coa Dirección Xeral de Transportes e en colaboración coa Asociación de empresarios de hostalería nocturna da capital Xalleira, xa ten en marcha autobuses nocturnos para acudir a movida do sábado en Santa Comba, baixo a tipoloxía, marca, imaxe e logo de NoiteBus, promovido como alternativa segura o uso do vehículo particular nos desprazamentos  dos xóvenes os lugares de ocio.
 
As novas liñas de transporte estarán en servizo polo que resta de ano durante tódolos sábados desde o 21 de xullo ata o 29 de decembro, así como os días de Nadal e fin de ano, con saída ás 23:15 horas e regreso ás 6:30 horas.

As cinco rutas en servizo, coas seguintes paradas que poderán ser obxecto de modificación dependendo da demanda de usuarios son as seguintes:

Ruta 1 Ponte do Porto: Dará servizo os xóvenes de Camariñas, Vimianzo, Baio-Zas e Santa Comba. Terá a súa saída no bar Brasil de Ponte do Porto, con parada na parada de liña regular de Vimianzo e Baio, na parada de Taxis de Zas, Santa Cataliña e Santa Comba, con regreso a inversa.

Ruta 2 Vivente: Dará servizo os xóvenes do Carballo, Coristanco, Tordoia e Santa Comba. Terá a súa saída no aserradero de Vivente en Carballo e rematará no campo da feira de Santa Comba con paradas no bar Lino de Canosa, bar Pichel de Taboada, bar Arzuana de Anxeriz, bar Cañotas de Rial, pista da igrexa de Vilamaior, bar Cruce de Traba e Campo da feira de Santa Comba, con regreso a inversa.

Ruta 3 Campo: Dará servizo os xóvenes de Trazo, Val do Dubra, Negreira, A Baña e Santa Comba. Terá a súa saída no cruce do lugar de Campo en Tordoia, cunha ruta ata o campo da feira de Santa Comba e paradas no cruce do Agro Mestre, Supermercado San Lucas de Benza, Casa do Concello de Val do Dubra, Bar Viña de Portomouro, A Molinera de Paramos, e ás paradas da línea regular de Negreira, A Baña e Faílde, con regreso a inversa.

Ruta 4 Cee: Dará servizo os xóvenes de Cee, Corcubión, Dumbría, Mazaricos e Santa Comba. Terá a súa saída na Casa do Concello de Cee, e paradas en Dumbría, Baiñas, A Picota, Mazaricos, Pino do Val, As Maroñas, A Pereira e Esmorode ata chegar a Santa Comba.

Ruta 5: Carballo: Dará servizo os xóvenes de Carballo, Coristanco e Santa Comba. Con saída en Carballo e paradas en Coristanco, Rabadeira, Castriz, Padreiro e Santa Comba.

A Dirección Xeral de Transportes aínda está estudiando outras rutas propostas polo Concello de Santa Comba, aínda que deberá agardarse para a súa implantación, xa que por diversas circunstancias como dificultades en función da concurrencia dos seus itinerarios ou empresas prestatarias non poideron ser resoltas.

O coste da posta en marcha do Noitebus no Concello de Santa Comba ascende a algo máis de 48.000 euros dos cales o 90% será costeado pola Xunta de Galicia e o 10% polo concello, aínda que o non existir consignación orzamentaria suficiente nos presupostos municipais para facer fronte a aportación municipal ás empresas que optan o servizo renunciaron o cobro desta parte. Como compensación a empresa levara a recaudación total de cada unhas das liñas (2,00 € por pasaxeiro).

Con independencia da labor de difusión que poida poñer en marcha a Xunta de Galicia a nivel autonómico, o Concello de Santa Comba solicitará a colaboración dos hosteleiros e tódolos concellos beneficiados coa finalidade de que este servizo poida ser coñecido polo maior número de persoas. 

En máis dunha ocasión escoitamos que o marxe da agricultura e gandería, a movida é a primeira empresa de Santa Comba e que o ocio nocturno do sábado é o sector que máis ingresos xenera no municipio. Según datos de Protección Civil e a Policía Local, nun sábado normal non entran en Santa Comba menos de 6.500 persoas que se desplazan en 2.000 vehículos. En sábados especiais de veran, Semana Santa Comba ou nadal as cifras aumentan ata os 3.000 vehículos e preto de 9.000 xóvenes.

SANTA COMBA UN DOS SETE CONCELLOS DA PROVINCIA QUE CONTARÁN CO SERVIZO RURAL DE TRANSPORTE “CHAMA O BUS”

27.07.07. Dirección Xeral de Transportes. O plan piloto de transporte rural denominado “Chama ó bus” iniciará o seu funcionamiento o vindeiro 1 de agosto e, nun principio ata o inicio do vindeiro curso escolar, nunha iniciativa que pretende evitar que a poboación do rural, formada nun alto porcentaxe por personas maiores, teña que recurrir o taxi para acudir o centro de saude ou realiza-las súas xestions no concello.

A denominación do programa “Chama ó bus” transmite claramente o novedoso obxectivo do programa que non é outro que o transporte baixo demanda, que permitirá os vecinos de núcleos rurais solicitar por teléfono que o autobús pase pola súa parroquia para realiza-lo traxecto ata a cabeceira do concello.

No caso de Santa Comba a ruta piloto que se porá en marcha será a de Fontecada ata a capital municipal con paradas en Fontecada, Parada, Codesedo, Cruce, San Martiño, Corna, Choupana, Barbeira, Casa Marisa, Cruce Vello, Castiñeira, Os Pozos, Cruce de Vilaboa, Pragais, A Pereira, Igrexa da Pereira, Tapia, Outeiro, Esmorode, Os Novais, Guisande e campo da feira de Santa Comba.

A ruta que será realizada por vehículos Costa S.L. estará en servizo tódolos luns, xoves e sábados de feira con saía en Fontecada ás 8:10 da mañan e regreso ás 12:30 do mediodia. Estos traxectos complementaránse coas paradas que os cidadans deberán solicitar por teléfono cun día de antelación. É dicir, si un veciño dunha parroquia que non está incluida na ruta necesita que o autobús pase a recollelo a súa aldea, terá que chamar previamente o número de teléfono 981 741143 ou o 600 390819 en horario de 9 a 22 horas.

O precio mínimo por traxecto será de 1,20 euros, ainda que se incrementará en función da lonxitude do percorrido. Deste modo, nos traxectos de 10 kilómetros aplicarase esa tarifa mínima, pero si se trata dun desprazamento de 18 kilómetros, algo que non ocurre no caso de Santa Comba, os usuarios deberán aboar 1,75 euros. Para traxectos entre 18 e 25 kilómetros, o prezo do billete ascenderá a 2,50 euros. No caso de distancias superiores a os 25 kilómetros, o coste será de 3,20 euros, o importe máximo previsto.

O ALCALDE CONSTATA AS DEFICIENCIAS DOS EDIFICIOS MUNICIPAIS

27.07.07. Multiusos. Guardería. Casa do Concello. Centro Médico. O Alcalde, D. José Antonio Ucha Velo na súa rolda de visitas a persoal e instalacións municipais constatou ás múltiples deficiencias que presentan os edificios de titularidade municipal, nos que se prestan servizos a cidadanía, a  pesar de que moitos deles son de nova construcción.

No edificio Multiusos, o de máis recente construcción, as fendas na fachada provocan filtracións constantes de auga, e os problemas de alcantarillado e desaugue provocaron o peche dos baños en varias ocasións. Por problemas eléctricos o ascensor nunca chegou a entrar en funcionamento o igual ca moderna aula multimedia que leva varios meses rematada sen poder facer uso dela. Asimesmo o anticuado dos radiadores, tanto en deseño coma en aforro enerxetico serán un lastre na factura do concello cando a instalación esté a pleno rendemento.

O marxe destes problemas o edificio xa se construiu con numerosas carencias que lle supoxeron as arcas municipais o redor de 120.000 euros de gastos complementarios, xa que a instalación no momento da recepción por parte do anterior goberno non contaba con mobiliario, persianas interiores nin de seguridade exteriores, sistema de alarma, extintores, canalizacións e preinstalacións telefónicas e informáticas, nin ningún tipo de rotulacións e indicacións. A segunda planta non estaba dividida para poder albergar servizos administrativos, polo que houbo que acondicionala co conseguinte gasto de tabiquería, sistema eléctrico, portas e pintura, o igual que unha parte da planta baixa do edificio.

Polo que respecta o auditorio dentro do mesmo edificio a tarima flotante dilatou e está levantada en parte,  e no momento da entrega da obra non contaba con control multimedia, equipo de sonido, nin conta aínda na actualidade con camerinos, algo que xunto o tamaño da tarima limita as instalacións para representacións musicais ou teatrais. 

Na Casa do Concello a caldeira do sistema de calefacción non cumple coa normativa legal estando ubicada no mesmo lugar co almacén de papelería, o que xa provocou algún que outro conato de incendio, e solo a separa un tabique de madeira de donde o psicologo de servizos sociais atende a rapaces deficientes. O resto de persoal deste servizo, en total dúas persoas que en ocasións chegan a ser tres, accinanse en pouco máis de 4 m2, e os servicios de intervención e tesourería repártense por varias plantas o igual que o arquivo. Desde a alcaldía xa se encargou un estudio para unha reforma integral do baixo, intervención-tesoureiría, alcaldía, e arquivo, que permitrá adecuarse a normativa legal en sistemas de calefacción, e reestructurar e aumentar os servizos administrativos, así como crear unha sala de xuntas.

No Centro Municipal de Cultura existen dous graves problemas, por un lado as infriltracións pluviais na cúpula piramidal de cristal que provoca pozas de auga no hall do edificio e problemas de desaugue e cheiros nos baños. Polo que respecta a biblioteca ubicada na mesma instalación quedouse pequena para albergar tanto o material bibliográfico como os usuarios, tendo parte do material almacenado sen poder facer uso del.

Na gardería as griegas e o deficiente remate da estructura provocan humidades e goteiras nos baños e na zona de cunas dos bebés.

O CONCELLO EVITA UN NOVO PARON NO PARQUE DE BOMBEIROS

27.07.07 Despois de diversas xestións realizadas persoalmente polo propio Alcalde, D. José Antonio Ucha Velo, evitouse un parón nas obras do Parque Comarcal de Bombeiros. O problema xurdiu cando os operarios que desenrrolan ás obras comprobaron que a zona non conta con sistema de alcantarillado polo que non podían seguir coas obras, por unha parte polo feito de non contar cun servizo esencial e por outro porque este acondicionamento non estaba previsto nin nos gastos do Consorcio Comarcal de Bombeiros nin nos do concello. As xestión feitas desde alcadía levaron a que a Xunta de Galicia se fixese cargo dos coste das mesmas e poideran proseguir sen ningún problema, evitando así outro retraso máis.

XUNTANZA DO ALCALDE COA CONSELLEIRA DE POLITICA TERRITORIAL OBRAS PUBLICAS E TRANSPORTES  DONA MARIA JOSE CARIDE ESTEVEZ

30.07.07. Consellería de Politica Territorial, Obras Públicas e Vivenda. O pasado venres 27 de xullo ás 12 horas no salón Cimabue do Hotel Monumento San Francisco de Santiago de Compostela, o alcalde do concello D. José Antonio Ucha Velo asistiu a unha xuntanza co conselleria de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, para ultimar detalles sobre o funcionamento e alcance do programa de transporte  “Chama o bus”.

O novo Alcalde do Concello aproveitou para agradecer persoalmente a conselleira o que Santa Comba sexa uns dos concellos máis beneficiados de Galicia nos novos plans de transporte postos en marcha polo goberno autonómico.

Do programa “Chama o Bus” beneficiaranse 31 municipios de Galicia, sendo Santa Comba un dos sete escollidos pola consellería para desenrrolalo na provincia da Coruña. No que respeta o Noitebus, o servizo nocturno a zonas de movida, Santa Comba oito cinco rutas é o máis beneficiado.

O IGC DESTINA 4.387 € PARA A OFICINA DO CONSUMIDOR

31.07.07 Consellería de Innovación Industria. Instituto Galego de Consumo. O Instituto Galego de Consumo que a súa vez depende da Consellería Innovación e Industria da Xunta de Galicia, ven de subvencionar, cunha contía total de 4.387 €uros o Concello de Santa Comba para a edición e publicación de material divulgativo dos servizos proporcionados en defensa dos consumidores e usuarios a través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor.

Esta convocatoria de subvencións ten por destinatarios aos Concellos cunha poboación de entre 5.000 e 75.000 habitantes, segundo os datos obrantes no último censo dispoñible, que tivesen unha OMIC aberta ao público un mínimo de 3 horas diarias, de luns a venres, aínda que tamén se contempla a posibilidade de financiar as OMIC de nova creación.

No noso entorno territorial tamén foron subvencionadas as Omics de Camariñas, Carnota, Cee e Vimianzo con axudas para gastos de funcionamento ou actividades, e Laracha e Muros para a creación de oficiñas das que non dispoñían, axuda condicionada a que se atopen necesariamente en funcionamento no prazo de 30 días desde a notificación da concesión da axuda.

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR