981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

A alcaldesa de Santa Comba, María Josefa Pose Rodríguez, e a concelleira de servizos sociais, muller e igualdade, Esther Espasandín Turnes, reuníronse co conselleiro de Política Social da Xunta de Galicia, José Manuel Rey Varela.

0

No día de onte a alcaldesa de Santa Comba, María Josefa Pose Rodríguez, e a concelleira de servizos sociais, muller e igualdade, Esther Espasandín Turnes, reuníronse co conselleiro de Política Social da Xunta de Galicia, José Manuel Rey Varela.

Na reunión as representantes xalleiras trasladaron ao conselleiro as actuacións que se consideran precisas para mellorar as coberturas sociais en Santa Comba e, con isto, avanzar cara unha mellor calidade de vida dos nosos veciños, especialmente daqueles que precisan maiores atencións como é o caso dos nenos, maiores e persoas en situación de dependencia.

Entre outros, presentouselle ao conselleiro o proxecto de aproveitamento do edificio de servizos sociais, a lavandería, o comedor sobre rodas así como a mellora das instalacións da gardería infantil que se plantexa realizar con subvención da Consellería.

Deste xeito iniciase a colaboración entre Concello e Consellería, colaboración que continuará coa próxima visita de técnicos da Consellería a Santa Comba para estudiar as posibles melloras nas infraestructuras e instalacións deste Concello.

(2016 - 08 - 29) conselleiro

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR