981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

TRAMPAS CONTRA A VESPA VELUTINA

0

TRAMPAS CONTRA A VESPA VELUTINA

 

O Servizo Municipal de Protección Civil do Concello de Santa Comba ven de instalar trampas por diversos puntos do concello para tratar de capturar as raiñas de vespa asiática co fin de evitar que creen novos niños de cara o verán e tratar de reducir o presencia destes insectos.

As trampas consisten nuns recipientes plásticos aos que se lle añade un líquido concentrado que atrae as vespas e non a outros insectos estas entran na trampa e morren afogadas. Ditas trampas serán revisadas con regularidade para controlar a cantidade de vespas capturadas. As mesmas foron colocadas en zonas do casco urbán onde e mais frecuente a presencia de persoas e sobre todo nenos asi mesmo tamen se colocaron onde o ano pasado foi máis frecuente a retirada de niños secundarios.

Desde fai semanas os efectivos deste Servizo están a retirar niños primarios en invernadoiros e alpendres en distintas zonas do Concello, tarea crucial que se realiza de forma sinxela e sen perigo. Os niños primarios son aqueles construídos por una raiña tras sair do período de aletargamento invernal. Neles a raiña pon os ovos que darán lugar a primeira xeración de vespas obreiras, e que crearán un niño secundario.

Pregase os veciños que revisen os galpóns, garaxes e aleiros de tellados que son os lugares avituais donde crean os niños as raiñas. Para a retirada dos niños non duden en avisar o Servizo de Protección Civil no teléfono 981881267.

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR