981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Protección Civil

0

PROTECCIÓN CIVIL SANTA COMBA

 

UN POUCO DE HISTORIA
Protección Civil de Santa Comba engloba a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Xallas, o GRUMIR e o Servizo Municipal de Protección Civil.
A Agrupación de Voluntarios foi fundada no ano 1999 e rexistrouse na Xunta de Galicia co nº 72 . Os seus membros están dotados de coñecementos  básicos en temas de emerxencia.
A Agrupación artéllase como a forma de participación dos cidadáns  en tarefas de Protección Civil. Os membros realizan diversas actividades formativas encamiñadas á preparación para afrontar situacións de risco colectivo, catástrofe e calamidade pública.
Poderan vincularse á Agrupación de Voluntarios as persoas físicas que sexan veciñas de Santa Comba e teñan interese en colaborar directamente nas actividades propias dos servizos básicos de Protección Civil.
O GRUMIR xorde no ano 1997 cando a administración autónomica decide crear grupos para  solventar as carencias en materia de Protección Civil que había na comunidade autónoma. O GRUMIR, Grupo Municipal de Intervención Rápida, creouse para dotar os concellos de un servizo de protección civil, protección do medio natural, prevención e extinción de incendios (urbanos e forestais), e aquelas actividades dedicadas a salvagardar a vida das personas e os bens.
Actualmente o GRUMIR de Santa Comba está composto por 16 traballadores especializados, 24 horas os 365 dias do ano ó servizo do noso pobo.
PRINCIPAIS TAREFAS:
Intervencións na prevención e loita contra incendios forestais e urbanos.
Intervencións en situacións derivadas de riscos naturais, nevaradas, inundacións, temporais, xeadas, chuvias.
Auxilio e atención sanitaria a persoas en situación de emerxencia.
Promoción do servizo de voluntariado de Protección Civil.
Formación específica do persoal de emerxencias.
Elaboración do Plan Xeral de Emerxencias Municipal e de plans especiais de autoprotección.
Limpezas de estradas.
Control de tráfico en grandes aglomeracións.
Calquera outra que implique colaboracións con outros departamentos municipais en materia de protección civil, medio natural, servizos sociais, sanidade, culturais, educativos e deportivos.
PRINCIPAIS MEDIOS MATERIAIS:
Unha motobomba forestal pesada, totalmente equipada e cunha capacidade para 4.500 litros de auga.
Unha pick-up con capacidade para 400 litros de auga, ademais de con equipo de rescate completo no que destaca un equipo de excarceración da marca LUKAS.
Unha pick-up contraincendios e salvamento deseñado para intervencións en lugares de difícil acceso, dispón de bomba de alta presión e depósito con capacidade para 375 litros de auga.
Dous vehículos todoterreos para transporte de persoal e material.
Un remolque lixeiro de caixa aberta.
Traxes e cascos ignífugos.
Equipos de respiración autónoma.
Extintores.
Equipos de escalada e espeoloxía.
Equipos de primeiros auxilios.
Grupos electróxenos e bombas de achique.
Equipos portátiles e fixos de comunicación.
Material de sinalización e balizamento.

ONDE  ESTAMOS:

Mercado do gando, s/n
15840 Santa Comba
Teléfono: 981 88 12 67  Fax: 981 88 12 67
Enderezo elctrónico: proteccióncivil@santacomba.es
QUEN PRECISE DA NOSA AXUDA PODE SOLICITALO DIRECTAMENTE OU A TRAVÉS DO SERVIZO DE EMERXENCIAS 112

  

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR