981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Novo Vehículo para Protección Civil de Santa Comba

0

RECEPCION WOLKWAGEN (WEB) (1) RECEPCION WOLKWAGEN (WEB) (2)RECEPCION WOLKWAGEN (WEB) (5) RECEPCION WOLKWAGEN (WEB) (3)

Novo vehículo de Protección Civil

O Concello de Santa Comba conta desde hoxe con un novo vehículo de Protección Civil.
O Alcalde de Santa Comba, José Antonio Ucha Velo, xunto con varios membros de Protección Civil desprazouse hoxe as instalacións que a Academia Galega de Seguridade Pública ten na Estrada para recepcionar un vehículo todo terreo pick- up de mans do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda Valenzuela.

Dito vehículo foi concedido pola Consellería de Presidencia mediante a Orde do 28 de xaneiro de 2015, para a adxudicación de equipamentos de emerxencia.
O Alcalde sinala a importancia desta dotación para incrementar a calidade do servizo ós veciños e veciñas de Santa Comba nas intervencións de emerxencias que se poidan producir.

O novo coche é un todo terreo pick -up,  modelo Volkswagen Amarok T 2.0 TDI 180 de doble cabina con tracción as catro rodas e equipado con ponte luminoso de led, sirena, linternas de señalización, cabestrante e gancho de remolque.

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR