981880075
Seleccionar página

CAMPAÑA DE CONCIENCIACIÓN NA LOITA CONTRA A VESPA VELUTINA

A partires de finais de febreiro e coa chegada do bo tempo as raíñas de vespa asiática comenzan a formar os novos niños polo que a colocación de trampas para a captura de estas é un método importante na loita fronte a Vespa Velutina. É necesario aproveitar o período no que as raíñas se mostren activas no exterior, e decir durante os meses de febrero, marzo, abril e no seu caso maio. Cada raíña capturada suporá un niño menos no entorno.

O Concello de Santa Comba quere potenciar o trampeo de raíñas e evitar a sua propagación implicando e concienciando a veciñanza da importancia desta laboura. Cabe recordar que o noso concello foi un dos mais implicados na retirada de niños xa que desde abril do pasado ano foron retirados polo Servizo Municipal de Protección Civil un total de 509 niños.

Para que o trampeo sexa eficaz é importante facelo por todo o territorio do concello, colocando as trampas en sitios específicos. Recomendase que tamén o fagan os titulares de explotacións agrogandeiras principalmente apícolas e de froitocultura co fin de minimizar os danos producidos nas colmeas, frutaís e outros cultivos.

O Servizo Municipal de Protección Civil comenzará a instalar trampas por diversos puntos do concello para tratar de capturar as raiñas co fin de evitar que creen niños de cara o verán. As trampas consisten nuns recipientes plásticos  aos que se lle engade un líquido concentrado que atrae as vespas e non a outros insectos, estas entran na trampa e morren afogadas. Ditas trampas serán colocadas en zonas do casco urbán onde é  mais frecuente a presencia de persoas e tamén se colocarán onde o ano pasado foi máis frecuente a retirada de niños. As memas serán revisadas con regularidade para controlar a cantidade de raíñas capturadas.

Pregase ós veciños que revisen os galpóns, garaxes e aleiros de tellados que son os lugares habituais donde crean os niños as raiñas. Para a retirada dos niños recomendase avisar o Servizo de Protección Civil no teléfono 981881267.