981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Santa Comba aumenta en 20 prazas (unha nova unidade) a Gardería Municipal.

0

Santa Comba aumenta en 20 prazas (unha nova unidade) a Gardería Municipal.

O goberno municipal, tras realizar as obras de mellora da gardería para eliminar as deficiencias existentes, solicitou a Consellería de Política Social a autorización para a apertura dunha nova unidade para nenos e nenas de 2-3 anos na Escola Infantil Municipal.

Realizada inspección por parte da Consellería, esta resolveu autorizar dita apertura o cal permitirá contar con 20 prazas adicionais na gardería.

Deste xeito, todos os nenos e nenas que solicitaron o ingreso na gardería para o presente curso poderán desfrutar de praza.

Co comezo do mes de setembro xa se incorporaron a gardería os nenos e nenas que obtiveran praza para as 3 unidades xa existentes.

Agora agardase que, coa maior brevidade posible, se poidan incorporar os nenos e nenas da cuarta unidade.

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR