981880075
Seleccionar página

Modalidades:Ofértanse distintas modalidades para que os maiores poidan gozar dunhas vacacións no período comprendido entre os meses de outubro de 2009 e xuño de 2010, segundo a modalidade:

  • Estadías en zonas costeiras.
  • Viaxes culturais para coñecer a Historia e a Arte de España.
  • Turismo de natureza con rutas por paraxes pintorescas.
  • Intercambio con outros países.

Servizos incluídos:

  • Viaxe ida e volta desde a súa capital de provincia ata o hotel de destino e regreso, agás para a modalidade de viaxes sen transporte.
  • Aloxamento en réxime de pensión completa en habitación dobre a compartir en hoteis seleccionados polo IMSERSO. Contémplase o aloxamento en habitación individual, que terá un suplemento no prezo e estará suxeito a dispoñibilidade de prazas.
  • Servizo médico, complementario da Seguridade Social, no propio hotel.
  • Programa de animación
  • Póliza colectiva de seguros

Nas viaxes Culturais e Turismo de Natureza, dadas as súas especiais características, non se inclúen os servizos médicos e programa de animación. Prezos por persoa das diferentes quendas:A previsión de prezos para a tempada 2009/2010 é a seguinte:

Destinos 8 días 10 días 15 días 15 días combinados 29 días 29 días combinados
Andalucía, Cataluña, Murcia e Comunidade Valenciana 160,40 € 207,50 € 303,20 €   514,50 € 545,70 €
Andalucía, Cataluña, Murcia e Comunidade Valenciana (sen transporte) 136,10 € 168,90 € 246,00 €      
Baleares 187,50 € 238,10 € 327,80 €   545,10 € 575,90 €
Baleares (sen transporte) 136,10 € 168,90 € 246,00 €      
Canarias 244,10 € 311,70 € 462,50 € 493,20 €    
Portugal 178,20 € Estes prezos inclúen o aloxamento en habitación dobre a compartir.
No caso de aloxamento en habitación individual estes prezos teñen un incremento de 12,70 € por noite para os destinos de península e Baleares, 14,70 € por noite para Canarias e 17,85 € por noite para os destinos de viaxes Culturais e Turismo de Natureza.
Viaxes culturais (6 días) 170,10 €
Turismo de Natureza ( 5 días) 164,40 €


-Viaxes Culturais: Consisten na realización de roteiros turístico-culturais durante 6 días (5 pernoctacións) en réxime de pensión completa, con servizos permanentes de guía especializado. Os circuítos desenvolveranse en zonas de marcado interese cultural do interior da península e cornixa cantábrica. -Turismo de natureza: Realizaranse en quendas de 5 días (4 pernoctacións) en zonas de espazos naturais que permitan actividades recreativas e contemplativas, así como realizar un turismo activo de esforzo moderado. Cada provincia de orixe contará cun destino en Turismo de Natureza. Solicitantes:Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:

  • Ter como mínimo 65 anos cumpridos.
  • Ser pensionista de xubilación do Sistema Público de Pensións.
  • Ser pensionista de viuvez do Sistema Público de Pensións, con 55 anos cumpridos.
  • Outros pensionistas do Sistema Público de Pensións e prexubilados con 60 anos cumpridos.
  • Valerse por sí mesmos e non padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.

Se a/o solicitante viaxa co cónxuxe, non é preciso que éste reúna os requisitos de idade e pensión.
Admitirase como acompañante a un fillo ou filla con discapacidade, que teña un grao de minusvalía igual ou superior ó 45%, sempre que a viaxe a realice con seus pais e ocupe cama supletoria na mesma habitación do hotel. Deberá cumprimentarse o apartado correspondente da solicitude cos datos do fillo/a e achegar fotocopia do certificado de minusvalía.

 

PRAZO PARA PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 20 DE XUÑO DE 2009 MÁS INFORMACIÓN : DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO tELF: 981 880075