981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLO/A MENOR A CARGO

0

 

 

A prestación destas axudas consistirá nun pagamento único de 360 € por cada un dos fillos/as menores que os beneficiarios teñan ó seu cargo.

 

Poden solicitar estas axudas aquelas persoas que teñan ó seu cargo fillos/as menores de 3 anos na data 1 de xaneiro de 2011 (nacidos entro o 2-1-2008 e o 1-1-2011, inclusive) e que, por razóns de ingresos obtidos durante o ano 2009, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a este período, nin estivesen presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.

Os solicitantes deben achegar a seguinte documentación:

– DNI da persoa solicitante e do seu cónxuxe ou parella.

– Libro de familia

– Libreta de aforros, ou certificación bancaria, na cal debe figurar como titular a persoa que asina a solicitude.

– Outros, no caso de separación ou divorcio, ou de adopción ou tutela.

Aqueles solicitantes que foron beneficiarios de dita prestación no ano 2009, só terán que achegar o DNI, sempre e cando non se modificasen as circunstancias persoais, xúridicas e económicas determinantes do dereito de prestación.

 

PARA MÁIS INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN DIRIXIRSE Ó DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO, SITUADO NO BAIXO DA VIVENDA COMUNITARIA (ENTRADA POLO PARQUE INFANTIL).

Teléfono: 981 104309

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES : ATA O 25 DE MARZO 2011

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR