Nunca Camiñarás Soa

CINCO CONCELLOS PERCORRERÁN O SEU TERRITORIO PARA VISIBILIZAR A LUZ DA ESPERANZA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Santa Comba, Val do Dubra, A Baña, Negreira e Mazaricos únense para organizar a “Marcha Nunca Camiñarás Soa” o Domingo 24 de Novembro, percorrendo por relevos o seu territorio reivindicando simbólicamente a luz da saída das situacións de violencia de xénero para as mulleres.

“Nunca Camiñarás soa” é unha marcha non competitiva e reivindicativa da situación da violencia de xénero, que, a través de relevos unirá os territorios dos concellos de Santa Comba, Val do Dubra, A Baña, Negreira e Mazaricos, nun percorrido duns 100 km. levando “a luz da esperanza” para superar a escuridade da violencia de xénero simbolizada nun facho de lume, similar ao facho olímpico que percorría a antiga Grecia para anunciar tempos de paz para os Xogos Olimpicos.

Os concellos participantes diseñaran un percorrido, que a trávés de relevos individuais ou en grupo, de diversos colectivos sociais como asociacións de mulleres rurais, deportivas, culturais, veciñais se unan para ir superando os kilómetros, intercambiando o facho de lume que irá iluminado as poboacións que visiten. Á chegada a cada concello, acenderase un pebetero que ilumine durante a noite do 24 e a data do 25N nos 5 concellos, ademáis de que cada un poida ler un manifesto e reunir á poboación nese frente común que debe de ser a denuncia das situacións de violencia.

A marcha, que este ano se iniciará en Santa Comba ás 8 da mañá do domingo 24, e que en futuras edicións arrancaría rotativamente en cada concello, sará da praza do campo da feira xalleiro, para logo de pasar polas parroquias de Montouto, Freixeiro e Vilamaior dirixirse a Val do Dubra, entrando por Malvárez.

Volverá a Santa Comba entrando despois da ponte do río Maroñas pola Pereira, para percorrer as parroquias de San Cristóbal de Mallón, Alón e chegar de novo a Santa Comba por diante da Casa do Concello sobre as 7 da tarde.

A idea de colaboración pretende involucrar ó maior número de poboación e entidades posibles, sensibles a unha problemática social evidente, a da violencia, pero tratando de visibilizar que, coa axuda de todos e todas, sempre pode haber luz para sair, e dar a coñecer que as vitimas non van a afrontar a situación en soedade, senón con apoio.

Toda a xente que desexe ser relevissta e participar na marcha, pode pórse en contacto cos concellos participantes, para sumarse a esta novedosa iniciativa que nace coa idea de continuidade e de loita para que ás victimas de violencia “nunca camiñen soas”.

Inscrición: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfuVVyegqQGS2l0KWBFs1asmw8sEmwAyVId4h27yK1iEyf56g/viewform

gl_ESGalego
es_ESEspañol gl_ESGalego