981880075
Seleccionar página

2016-02-25-curso-altzeimer-2

 

 

 

 

 

 

 

 

 

donde-estas-maverick-2016 nuska3 playa-3

20161021_071428Fotos gañadoras II Concurso de Fotografía AFABER.
O día 20 de outubro, reuníronse na sede de AFABER os membros do xurado do II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DE AFABER, Don Jesús Manuel Villar Antelo, Presidente de AFABER; Dona Mª Carmen Ures García; Concelleira de Igualdade e Benestar do Concello de Carballo, Don José Manuel Casal Sobrino, fotógrafo profesional que desenvolve o seu labor no periódico “La Voz de Galicia” e Don Jorge Varela Queijo, fotógrafo profesional que desenvolve o seu labor no Diario de Bergantiños.

Os membros do xurado escolleron 4 fotografías de entre un total de 30 fotografías que chegaron a sede de AFABER para participar no II Concurso.

A gañadora do Concurso é unha foto que leva por título “Hasta nuestro final” realizada por Dona Marta Pampín de Santiago de Compostela.

O segundo premio márchase para Girona, a mans de Dona Lidia Banús, pola fotografía que leva por título “En su propio mundo”.

O terceiro premio realizará a súa viaxe ata Málaga, á casa de Don Ángel Moreno, coa foto “¿Dónde estás?” que ademáis pasou á final grazas a obter o maior número de “Me gustas” no perfil de AFABER do Facebook.

Os membros do xurado decidiron por unanimidade outorgar o premio ACCESIT a Dona Mar Parafita de Carballo, pola fotografía “Las huellas de las memoria”.