ESTADÍAS DE TEMPO LIBRE PARA MULLERES SOAS CON RESPONSABILIDADES FAMILIARES NON COMPARTIDAS

A finalidade deste Programa é facilitarlles ás mulleres que teñan fillas/os menores exclusivamente ó seu cargo un espazo e un tempo desligado da súa situación habitual e no cal poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun espazo de lecer.

Poderán solicitar as prazas para participar neste programa as mulleres que:

– Teñan fillos/as exclusivamente ó seu cargo con idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos.

– Estean domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia, e no caso de mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia ou tarxeta de réxime comunitario, segundo o caso.

– Dispoñer dunha renda que, tendo en conta tódolos ingresos do conxunto da unidade familiar , dividida polo número de membros que a compoñen, non supere o salario mínimo interprofesional (SMI).

– Non padecer ela,nin os fillos/as que a acompañen unha enfermidade que requira illamento e/ou que impida a normal convivencia.

 

PRAZO PARA ANOTARSE : ATA O 13 DE ABRIL

 

PARA MÁIS INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN NO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO- TELÉFONO 981104309

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *